Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o outorgamento de demasía da concesión de explotación denominada La Ponderosa, nº 4369, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas outorgou a Canteras Fernández, S.L. Extracción S. Com. a demasía da concesión de explotación que a seguir se describe:

Nome: La Ponderosa.

Número de expediente: 4369.

Recurso: sección C.

Termo municipal: Carballeda de Valdeorras.

Titular: Canteras Fernández, S.L. Extracción S. Com.

Superficie: 8 cuadrículas.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Ourense, 13 de febreiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense