Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 13984

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019 pola que se publica a addenda ao acordo de encomenda de xestión de diversas consellerías a prol da Consellería de Sanidade para a colaboración nun programa de inspección e control da incapacidade temporal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia a addenda ao acordo de encomenda de xestión de diversas consellerías a prol da Consellería de Sanidade (aprobada no Consello da Xunta de Galicia do 8 de novembro de 2018), para a colaboración nun programa de inspección e control da incapacidade temporal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para xeral coñecemento, disponse a súa publicación como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO
Addenda ao acordo de encomenda de xestión de diversas consellerías a prol da Consellería de Sanidade

Primeiro. Estender o ámbito subxectivo do acordo de encomenda de xestión de diversas consellerías a prol da Consellería de Sanidade, subscrito o 22 de marzo de 2018, mediante a incorporación de:

– Consellería de Facenda.

– Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Segundo. A addenda rexerase polas mesmas cláusulas que conforman o acordo de encomenda de xestión de diversas consellerías a prol da Consellería de Sanidade, subscrito o 22 de marzo de 2018, que se mantén inalterado na súa vixencia e contido.