Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13931

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de nomeamento do xefe do Servizo de Intervención Xeral.

Mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 25 de febreiro de 2019, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe do Servizo da Intervención Xeral deste concello, aprobada mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 3 de xullo de 2018 (DOG núm. 170, do 6 de setembro).

Segundo. Adxudicarlle a Martín González Rodríguez o posto de traballo de xefe do Servizo da Intervención Xeral, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 31 de agosto de 2017 e coas características que se describen na seguinte táboa:

Servizo

Cd. U.

org.

Unidade org.

Ref. pto.

Pto. traballo

Dot.

Gr.

N/C

Escala

RE

Form. comp.

Element. espec.

TP

FP

UE

Adm.

Observac.

Int. Xral.

IG1000

Intervención

1218

X. servizo

1

A1

28

AX/AE

F

Audit., contrat. admva., xest. orzam., contab., persoal e subvencións

FR14 ED

N

LD

N

TD

Criterios establecidos art. 17.4.a) 2 e 4 b) normas de xestión

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data da toma de posesión de posto de traballo obxecto desta convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, fosen concedidos ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíqueselles esta resolución ao interesado e ao interventor xeral.

A Coruña, 1 de marzo de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración