Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2019 polo que se notifica a incoación de expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/75/2017-RP1 e a orde de suspensión de obras POL/75/2017-S1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 7 de xaneiro de 2019, acordou incoar o expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, e a suspensión de obras, entre outros a José Manuel Laya Solís, pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar da Lanzada, Xunqueira, Revolta, parroquia de Noalla, termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos devanditos acordos a José Manuel Laya Solís, mediante o presente anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselle ao interesado os devanditos acordos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro dos dous acordos que se notifican está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o devandito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación deste anuncio, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística