Mediante a Orde do 4 de decembro de 2018 (DOG do 14 de decembro), convocouse o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais de distintas familias profesionais.
O artigo 17 da dita orde no punto 1 fai referencia aos requisitos, formación e habilitación das persoas que poderán actuar como asesores e avaliadores, e o artigo 16 establece que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nomeará as comisións de avaliación necesarias para levar a cabo o proceso de avaliación das diferentes unidades de competencia para as que se convoca o procedemento de avaliación e acreditación, polo que esta dirección xeral
RESOLVE:
Facer pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias disposto pola Orde do 4 de decembro de 2018 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, que figura no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2019
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa