Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 76/2018).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 76/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Becerra Couselo contra a empresa Hostecarba, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución son:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 76/2018

Demandante: José Antonio Becerra Couselo

Letrado: Sr. Pousa Meréns

Demandado: Hostecarba, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 121/2019.

A Coruña, 19 de febreiro de 2019.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Antonio Becerra Couselo contra a empresa Hostecarba, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 87.422,60 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 69,38 euros/día.

O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

E para que conste e sirva de notificación a Hostecarba, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza