Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13655

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 28 de febreiro de 2019 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CMUS Profesional de Ribeira, do concello de Ribeira.

De conformidade co previsto no artigo 3 do Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 223/2010, do 30 de decembro (DOG núm. 12, do 19 de xaneiro de 2011), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispoÑo:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Ribeira.

Código: 15032200.

Denominación actual: Conservatorio de Música (CMUS) Profesional de Ribeira.

Nova denominación: Conservatorio de Música (CMUS) Profesional de Ribeira Enrique Paisal.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional