Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13656

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional

ANEXO

Título do convenio

Data da sinatura

Importe

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Deputación de Pontevedra para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

10.9.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

11.9.2018

0,00 €

Segunda addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral de la Construcción para o recoñecemento da formación preventiva impartida nos centros públicos, dependentes desta consellería, para os efectos da obtención da tarxeta profesional da construción.

14.9.2018

0,00 €

Terceira addenda ao convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Aluminio Español, S.A./Alúmina Española, S.A. sobre a promoción das ensinanzas de formación profesional da familia de fabricación mecánica.

14.9.2018

0,00 €

Cuarta addenda ao convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Aluminio Español, S.A./Alúmina Española, S.A. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

14.9.2018

0,00 €

Adenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatoria MEC 2014).

18.9.2018

0,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional e, especialmente, nas da familia profesional madeira, moble e cortiza.

19.9.2018

0,00 €

Addenda ao acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional e nas ensinanzas deportivas.

19.9.2018

81.206,98 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Centro Oncolóxico de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro para a impartición de ensinanzas de formación profesional da familia da Sanidade.

19.9.2018

36.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral de la Construcción sobre a colaboración educativa nas ensinanzas da familia profesional de madeira, moble e cortiza.

19.9.2018

20.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Amicos.

21.9.2018

0,00 €

Adenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España para a obtención do diploma de estudos en lingua francesa na súa versión escolar.

25.9.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade Nacional de Educación a Distancia para a impartición por parte desta entidade da formación pedagóxica e didáctica para impartir docencia nas ensinanzas de formación profesional.

29.10.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de Novas Accións de I+D+I.

31.10.2018

1.250.000,00 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións de I+D+i.

9.11.2018

0,00 €

Acordo de colaboración entre o Consello de Contas e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a formación e sensibilización en materia de integridade e comportamento ético.

3.12.2018

0,00 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello do Barco de Valdeorras para a realización das obras comprendidas no proxecto de peches laterais, soportal e dotación de aseos na pista deportiva cuberta no CEIP Julio Gurriarán.

19.12.2018

291.424,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Concello do Grove para a montaxe e instalación provisional de módulos prefabricados para comedor escolar no CEIP Rosalía de Castro.

19.12.2018

36.636,30 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Federación Galega de Municipios e Provincias en relación cos gastos de limpeza dos centros públicos integrados.

19.12.2018

658.864,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Concello de Lousame para a substitución da cuberta no polideportivo do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro.

28.12.2018

60.000,00 €