Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico de Zas, modificación substancial (repotenciación parque eólico de Zas), sito nos concellos de Santa Comba e Zas (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (IN661A 2018/2-1).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de EDP Renovables España, S.L.U. en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Zas modificación substancial (en adiante, o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 7.6.1996 a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio resolveu autorizar as instalacións electromecánicas, declarar a utilidade pública e aprobar o proxecto de execución do parque eólico denominado Planta eólica de Zas (nº de expediente 94/1994).

O 30.9.1998 a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio autorizou a posta en servizo das instalacións da mencionada planta eólica.

Segundo. O 15.2.2017 Desarrollos Eólicos de Galicia, S.A.U. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da repotenciación do parque eólico de Zas, segundo o previsto no Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Coa dita solicitude o promotor achegou o anteproxecto de repotenciación, coa súa correspondente memoria ambiental.

Terceiro. Mediante escrito do 22.3.2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático informou que, de acordo co previsto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o proxecto do parque eólico debía ser obxecto dunha avaliación de impacto ambiental ordinaria. Así mesmo, comunicaba que, co obxecto de elaborar o documento de alcance do estudo de impacto ambiental, se iniciará o período de consultas ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas previsto no artigo 34 da mencionada lei.

Cuarto. O 19.5.2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o documento de alcance do estudo de impacto ambiental e estableceu, así mesmo, os organismos que debían ser consultados.

Quinto. O 17.10.2017 Desarrollos Eólicos de Galicia, S.A.U. completou a solicitude presentada o 15.2.2017, achegando o proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental correspondentes, así como o proxecto de desmantelamento do actual parque eólico Zas.

Sexto. O 2.11.2017 Desarrollos Eólicos de Galicia, S.A.U. solicitou a aprobación do proxecto sectorial da repotenciación do parque eólico Zas.

Sétimo. O 23.11.2017 EDP Renovables España, S.L.U. solicitou a tramitación do expediente do parque eólico conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, así como a declaración de utilidade pública para o parque eólico.

Oitavo. O 11.12.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou a transmisión da titularidade dos parques eólicos de Desarrollos Eólicos de Galicia, S.A.U. e Desarrollos Eólicos de Corme, S.A.U. (sociedades absorbidas) a favor de EDP Renovables España, S.L.U. (sociedade absorbente).

Noveno. O 29.12.2017 o promotor solicitou a declaración de interese especial para o parque eólico. O 15.2.2018 o Consello da Xunta de Galicia declarou o proxecto do parque eólico como de interese especial.

Décimo. O 23.1.2018 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe previsto no artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro.

Décimo primeiro. Mediante Acordo do 21 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en adiante, a xefatura territorial) someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5 de abril de 2018 e no xornal La Voz de Galicia do 3 de abril. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Zas, Santa Comba e Tordoia), da xefatura territorial e da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

No anexo desta resolución indícanse as alegacións presentadas durante este trámite de información pública, así como as achegadas durante o resto do procedemento. O contido destas alegacións resúmese no fundamento de dereito terceiro.

Décimo segundo. O 11.4.2018 a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Tordoia, Cellnex Telecom, Retegal, Orange Espagne, Telefónica de España, Vodafone, Axencia Galega de Infraestruturas, Axencia Estatal de Seguridad Aérea e Unión Fenosa Distribución.

O 12.4.2018 a mencionada xefatura remitiulles as separatas do proxecto aos concellos de Zas e de Santa Comba.

Décimo terceiro. O 24.4.2018 a Axencia Galega de Infraestruturas emitiu o correspondente condicionado técnico. O 20.8.2018 o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo cuarto. O 24.4.2018 Cellnex Telecom emitiu o correspondente condicionado técnico. O 8.10.2018 o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo quinto. O 30.4.2018 Retegal emitiu o correspondente condicionado técnico. O 8.10.2018 o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo sexto. O 3.5.2018 Telefónica Móviles España, S.A. contestou a solicitude de condicionado técnico. O 8.10.2018 o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo sétimo. O 11.5.2018 a xefatura territorial informou que a poligonal do parque eólico estaba afectada por dúas solicitudes de permisos e investigación de recursos da sección C: Pico de Meda nº 7067 e Zas nº 7122.

Décimo oitavo. O 15.5.2018 o Concello de Tordoia contestou a solicitude de condicionado técnico. O 16.10.2018 o promotor manifestou a súa conformidade

Décimo noveno. O 30.5.2018 reiterouse a solicitude da emisión do correspondente condicionado técnico aos Concellos de Zas e de Santa Comba. O 31.5.2018 reiteróuselles a dita solicitude a Orange Espagne, a Unión Fenosa Distribución e a Vodafone.

Vixésimo. O 13.6.2018 Unión Fenosa Distribución emitiu o correspondente condicionado técnico. O 8.10.2018 o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixésimo primeiro. O 10.8.2018 a Dirección Xeral de Ordenación Forestal remitiu o informe do 18.6.2018 do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, no cal se conclúe que «non se prevén afeccións derivadas da execución do proxecto a montes catalogados de utilidade pública, montes veciñais en man común, montes de xestión pública, infraestruturas forestais relevantes, masas de especial valor de frondosas autóctonas, mouteiras selectas ou parcelas de experimentación».

Vixésimo segundo. O 5.10.2018 a Agencia Estatal de Seguridad Aérea autorizou as instalacións do parque eólico e estableceu o correspondente condicionado.

Vixésimo terceiro. O 11.10.2018 a xefatura territorial emitiu o informe sobre o proxecto. Coa mesma data remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Vixésimo cuarto. O 4.12.2018 o promotor achegou o documento «Repotenciación parque eólico Zas. Proyecto de ejecución. Addenda. Axuste de Potencia. Novembro 2018» para os efectos de limitar a potencia de xeración do parque á capacidade actual do nó de conexión á rede de distribución (subestación Vimianzo 66 kV).

Vixésimo quinto. O 7.12.2018 o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación co documento «Repotenciación parque eólico Zas. Proxecto de execución. Addenda. Axuste de Potencia. Novembro 2018».

Vixésimo sexto. O 12.12.2018 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico.

Vixésimo sétimo. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de distribución para unha potencia de 24 MW, de acordo co informe do xestor da dita rede.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e nos artigos 34.1 e 39.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas, nelas manifestase en síntese o seguinte:

– A Axencia Galega de Infraestruturas manifesta que, de acordo co establecido no artigo 47.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o promotor deberá obter, logo de execución das obras, a preceptiva autorización para a realización dos traballos descritos no proxecto que afectan a estrada autonómica AC-400.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados (RBDA), maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.

– Desacordo coas compensacións pola utilización dos predios.

– Desacordo co prazo do trámite de información pública, posto que se entende que é de aplicación o Decreto 138/2010, do 5 de agosto, o cal establece o prazo dun mes, e non a Lei 5/2017, do 22 de decembro.

– O anuncio publicouse no xornal La Voz de Galicia, na edición de Carballo, a cal se distribúe no concello de Zas, pero non no de Santa Comba, onde se agrupa aproximadamente o 80 % dos propietarios dos bens e dereitos afectados.

– Con respecto á relación de bens e dereitos afectados (RBDA), estase ocultando a situación xurídica dos terreos afectados, posto que no parque eólico de Zas existente na actualidade o promotor xa ten á súa disposición a práctica totalidade dos terreos que se pretenden expropiar, ao ter subscritos contratos de arrendamento coa maioría dos propietarios. A estes contratos aínda lle quedan varios anos de vixencia (foron subscritos por un período de 25 anos, prorrogables por períodos sucesivos de 10 anos), e a súa finalidade é o desenvolvemento da mesma actividade para a cal se solicita a autorización.

Por este motivo, enténdese que debe rexeitarse a declaración de utilidade pública. Para fundamentar esta afirmación faise referencia a unha sentenza do Tribunal Supremo sobre un asunto similar, na que se rexeita a posibilidade de que se produza a declaración de utilidade pública (DUP) cando a empresa solicitante xa dispón dos terreos con base, precisamente, en contratos de arrendamento.

Manifestase, así mesmo, o incumprimento do artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, por parte da empresa solicitante, posto que solicita como de necesaria expropiación terreos dos cales xa dispón e, ademais, o dito precepto prohibe acudir a expropiación sen intentar previamente un acordo cos titulares.

– A empresa solicitante pretende a expropiación de novos predios sen achegar unha xustificación sobre a imposibilidade de executar o proxecto sobre aquelas parcelas das cales xa dispón.

– Falta de información suficiente por parte da empresa ás persoas interesadas, especialmente tendo en conta a idade avanzada de moitas delas.

– Dúas epígrafes do proxecto, unha delas sobre información adicional do aeroxerador e a outra sobre especificacións da fibra óptica, figuran en inglés, o que imposibilita a súa lectura e comprensión.

– En vista do recollido no estudo de impacto ambiental, mostran a súa preocupación polo impacto do proxecto sobre os espazos protexidos da rede natura e sobre a fauna, así como pola contaminación acústica que poida provocar nos núcleos de poboación máis próximos. Consideran insuficientes e ineficientes as medidas preventivas e correctoras que prevé o promotor para garantir que os valores de presión sonora non superen os limites establecidos na lexislación.

– O proxecto non recolle a retirada da totalidade da cimentación dos aeroxeradores do parque eólico actual nin o desmantelamento das canalizacións eléctricas subterráneas, polo que reclaman que se garanta a reposición do espazo ao seu estado orixinal, previamente á construción do parque actual.

– O promotor indica no proxecto que non se desmantelarán aqueles vieiros que favorezan o acceso aos predios e aos labores agrícolas, forestais ou gandeiros, pero non consensuou esta circunstancia cos afectados. Os planos achegados son confusos, polo que resulta imposible determinar que camiños van a permanecer e cales se van suprimir.

– No proxecto sectorial non consta o proxecto arqueolóxico preceptivo nin a avaliación de impacto cultural.

– No proxecto non consta a realización do preceptivo estudo de efectos acumulativos a pesar de que se emite informe nese sentido, sen ter os datos necesarios para emitilo.

– Na documentación que se achega non se fai ningunha consideración sobre a proximidade do aeroxerador número 1 a unha fonte de auga potable en Brañas de Santa Sabina. Esta fonte que se emprega para consumo humano podería verse gravemente afectada, o que debería terse en conta na avaliación de impacto ambiental, polo que incluso procede o desprazamento do aeroxerador previsto.

– Os proxecto técnicos non se basean en datos comprobados, posto que estes son do ano 2017 e as catas sobre o terreo non se executaron ata o ano 2018.

– De acordo coas carencias detectadas, solicitase un novo trámite de información pública e que se denegue a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial e o estudo de impacto ambiental.

– Na solicitude do promotor non se tivo en conta o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, polo que non se prevén as afeccións que se establecen nesta lei. Esta cuestión tampouco se tivo en conta nos informes emitidos sobre o impacto ambiental, cultural e turístico.

Dado que a aplicación da mencionada Lei 3/2007, do 9 de abril, supón o establecemento de limitacións sobre as parcelas que se ven afectadas pola xestión da biomasa, debería recollerse esta circunstancia no proxecto técnico e os propietarios deberían ser incluídos na relación de bens e dereitos afectados. Vulnerouse o trámite de audiencia respecto a estes propietarios posto que non foron notificados do trámite de información pública.

En vista destas carencias procede que se denegue a declaración de utilidade pública e autorizacións administrativas e que se formule nova solicitude por parte do promotor adaptando o proxecto á mencionada Lei 3/2007, do 9 de abril.

– O promotor ten subscritos numerosos contratos de arrendamento en vigor coa maioría dos propietarios do actual parque eólico Zas, os cales pretende renegociar, e ante a negativa dos propietarios solicita da Administración a declaración de utilidade pública para que os terreos sexan expropiados. O orzamento da necesidade de ocupación que implica a DUP non se produce neste caso, posto que o promotor xa ten a posesión dos terreos.

Mencionan diversas sentenzas do Tribunal Supremo sobre supostos similares en que se establece a imposibilidade de declarar unha utilidade pública cando xa existe a plena dispoñibilidade dos terreos, así como a vinculación directa entre a utilidade pública e a necesidade de ocupación.

Visto o contido das alegacións e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

– No que respecta ás alegacións sobre a declaración de utilidade pública do parque eólico e a consecuente expropiación, estas teranse en consideración na resolución que se emita sobre a dita declaración.

Así mesmo, tomouse razón de todas as manifestacións relativas á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, así como dos documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

– En relación coas alegación de contido ambiental, cómpre manifestar que este proxecto foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental, resultado do cal formulou a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 12.12.2018 a declaración de impacto ambiental, con carácter previo á autorización do parque eólico, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental nas cales se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias.

– No que respecta ao prazo correspondente ao trámite de información pública, cómpre aclarar que o 15.2.2018 o Consello da Xunta de Galicia declarou o proxecto do parque eólico como de interese especial, polo que resulta de aplicación o establecido na disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro: «esta declaración (declaración de interese especial) terá como efectos a tramitación de forma prioritaria e co carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial».

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización de desmantelamento das instalacións actuais do parque eólico de Zas, cuxas características principais son as seguintes:

Solicitante: EDP Renovables España, S.L.U.

Domicilio: rúa Amio, 114 P.E. Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña.

Denominación do proxecto: desmantelamento parque eólico Zas. Proxecto de execución. Setembro de 2017.

Potencia instalada: 24 MW.

Concellos afectados: Santa Comba e Zas (A Coruña).

Orzamento de execución material: 724.843,06 €.

Instalacións que se van desmantelar:

– 80 aeroxeradores DESA A-300 de 300 kW de potencia nominal unitaria e cunha altura da buxa de 30 m e cun diámetro de rotor de 30 m.

– 24 centros de transformación exteriores en envolvente de formigón prefabricado.

– Rede eléctrica de media tensión soterrada a 20 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e á subestación de evacuación existente, composta de 4 circuítos. Desmantelamento e restauración das canalizacións que queden sen uso.

– 4 torres anemométricas.

– Desmantelamento e restauración dos vieiros que queden sen uso.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa previa para o parque eólico Zas modificación substancial, sito nos Concellos de Santa Comba e Zas (A Coruña) e promovido pola sociedade EDP Renovables España, S.L.U., para unha potencia de 24 MW.

Terceiro. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución do parque eólico, exclusivamente para aquelas instalacións proxectadas dentro da área de desenvolvemento eólico Zas G6/G18. Quedan excluídas desta autorización aquelas actuacións previstas fóra desta área.

O proxecto para o cal se outorga esta autorización de construción, coas limitacións indicadas, está composto polos seguintes documentos:

– Repotenciación parque eólico de Zas. Proxecto de execución. Termos municipais de Zas, Santa Comba e Tordoia (A Coruña). Setembro 2017, asinado polo enxeñeiro industrial Enrique Fernández Olea, colexiado nº 574 do Ilustre Colegio Oficial de Enxeñeiros Industriales de Galicia (ICOEIG).

– Anexo I ao proxecto de execución repotenciación parque eólico de Zas. Termos municipais de Zas, Santa Comba e Tordoia (A Coruña). Abril 2018, asinado polo enxeñeiro industrial Enrique Fernández Olea, colexiado nº 574 do ICOEIG.

– Repotenciación parque eólico de Zas. Proxecto de execución. Addenda. Axuste de potencia. Termo municipal de Zas, Santa Comba e Tordoia (A Coruña). Novembro 2018, asinado polo enxeñeiro industrial José Luis Morera Barragán, colexiado nº 4417 do Colegio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Andalucía Occidental, e visado polo dito Colexio o 30.11.2018, co número SE1801542.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: EDP Renovables España, S.L.U.

Domicilio: rúa Amio, 114, P.E. Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña.

Denominación: parque eólico Zas modificación substancial.

Potencia autorizada: 24 MW.

Potencia máxima para evacuar: 24 MW.

Concellos afectados: Santa Comba e Zas (A Coruña).

Produción media anual neta estimada: 100,01 GWh/ano.

Orzamento de execución material: 24.882.679,57 €.

Coordenadas perimétricas da ADE Zas G6/G18:

Vértices

ADE

Zas

G6/G18

Coordenadas UTM

(Datum ETRS89, fuso 29)

UTM X

UTM Y

1

510.375

4.773.586

2

511.875

4.773.586

3

511.875

4.770.786

4

512.325

4.769.586

5

511.475

4.769.586

6

510.225

4.770.536

7

509.975

4.772.086

8

509.975

4.772.786

Localización dos aeroxeradores:

Coordenadas UTM (Datum ETRS89, fuso 29)

Nº de aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

ZA-1

511.158

4.770.701

ZA-2

511.215

4.772.912

ZA-3

510.598

4.772.602

ZA-4

510.848

4.772.406

ZA-5

511.112

4.772.259

ZA-6

510.659

4.771.815

ZA-7

511.026

4.771.655

ZA-8

511.394

4.771.543

ZA-9

511.523

4.770.511

ZA-10

511.741

4.770.303

Localización das torres meteorolóxicas:

Coordenadas UTM (Datum ETRS89, fuso 29)

Torre meteorolóxica

UTM-X

UTM-Y

TM-1

511.041

4.773.100

TM-2

510.755

4.771.551

Características técnicas das instalacións:

– 10 aeroxeradores Gamesa G-114, cunha altura ata a buxa de 93 m e un diámetro de rotor de 114 m, con xerador asíncrono de 2.625 kW potencia nominal unitaria (limitada a 2.400 kW) e cos seus correspondentes centros de transformación montados en góndola con potencia unitaria de 2.750 kVA de relación de transformación de 0,69/20 kV, montados sobre fuste tubular metálico.

– Rede eléctrica soterrada a 20 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e á subestación existente, composta por 3 circuítos con condutores tipo HEPRZ1-12/20 kV (Al) de diferentes seccións (95/150/240/400 mm2) nos correspondentes tramos.

– Rede de terras xeral, de xeito que as instalacións electromecánicas e a subestación do parque eólico forman un conxunto equipotencial.

– 2 torres meteorolóxicas de 93 metros de altura.

– As adaptacións necesarias na subestación transformadora existente serán obxecto dun proxecto independente.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, EDP Renovables España, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en 186.620 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De conformidade coa disposición transitoria cuarta, número 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contados desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderase producir a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

5. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, que lle resulten de aplicación.

6. Previamente ao inicio das obras, o promotor deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas o proxecto de execución actualizado de acordo co establecido no punto terceiro do «Resolvo» desta resolución. Este proxecto deberá recoller única e exclusivamente as actuacións proxectadas no ámbito da área de desenvolvemento eólico Zas (G6/G18).

7. Previamente ao inicio das obras de desmantelamento das instalacións existentes, o promotor comunicará a data de comezo dos traballos á Dirección Xeral de Enerxía e Minas e á Xefatura Territorial da Coruña.

Finalizado o dito desmantelamento e logo das comprobacións técnicas que se consideren oportunas, a Xefatura Territorial da Coruña emitirá a correspondente acta de peche, de acordo co establecido no artigo 41.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o cal se lle comunicará á Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

8. Previamente ao inicio das obras, o promotor deberá presentar ante esta dirección xeral un estudo ambiental de sinerxías que inclúa ás infraestruturas de evacuación, así como as posibles afeccións a infraestruturas próximas.

9. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar, ante a xefatura territorial, un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, onde conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, e así mesmo deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas un plano As Built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, xunto coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar ante a dita xefatura territorial, certificado do fabricante en que conste a limitación de potencia das máquinas, que garanta que a potencia instalada non supera en ningún momento a potencia autorizada por esta resolución.

10. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 12.12.2018 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

11. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, EDP Renovables España, S.L.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Alegacións presentadas durante a tramitación do procedemento

Axencia Galega de Infraestruturas, o 20.4.2018; María Martínez Fidalgo, o 11.4.2018; Juan Manuel Mallón García, o 13.4.2018; Francisco Rafael Gómez-Canoura e López, en calidade de administrador da parroquia de Santa María de Mira, o 24.4.2018; José Luis Negreira Pazos e Rosalía Carmen Andrade Souto, o 26.4.2018; Perfecto Fuentes Garrido, como presidente da Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira, o 27.4.2018; Perfecto Fuentes Garrido, como presidente da Asociación de afectados por parque eólico Fonte do Xardín, o 26.4.2018; Josefa Pastoriza Mouro, o 27.4.2018; Rosalía Ferreiro Río, o 27.4.2018; Manuel Landeira Martínez, o 27.4.2018; hdros. José Espasandín Vilarnovo, o 27.4.2018; María Carmen Facal López, o 27.4.2018; Hilda García Velo, o 27.4.2018; María Encarnación Couto Martínez, o 27.4.2018; Josefina Rial Lois, o 27.4.2018; Natividad Velo Rey e outros, o 27.4.2018; María Soledad Busto Velo, o 27.4.2018; Evaristo Mourelle García, o 27.4.2018; Erminda Velo Domínguez, o 27.4.2018; hdros. José Andrade Espasandín, o 27.4.2018; Aurora García Rey, o 27.4.2018; Hdros José Lois Rey, o 27.4.2018; Lucinda García Rey, o 27.4.2018; Antonia Alcira Mourelle Facal, o 27.4.2018; José García Velo, o 27.4.2018; Luis Lois Rey, o 27.4.2018; hdros. Josefa Velo Bustelo, o 27.4.2018; Florinda Pastoriza Río, o 27.4.2018; Mercedes Soto Suárez, o 27.4.2018; Benigno Ferreiro Vilar, o 27.4.2018; Francisca Calvo Pastoriza, o 27.4.2018; hdros. Domingo Pastoriza Mourelle, o 27.4.2018; Daniel Río Facal, o 27.4.2018; Carmen Abelenda Facal, o 27.4.2018; José Martínez Romar, o 27.4.2018; Benedicta Landeira Facal, o 27.4.2018; hdros. Manuel Facal López, o 27.4.2018; hdros. Josefa Ferreiro Lois, o 27.4.2018; Clementina Rial Lois, o 27.4.2018; hdros. Florinda Ferreiro Lois, o 27.4.2018; Josefina Río Facal e outros, o 27.4.2018; hdros. Evangelina Calvo Pastoriza, o 27.4.2018; María Florinda García Calvo, o 27.4.2018; Luis Manuel Espasandín Abelenda, o 27.4.2018; Juan Manuel Mallón García, o 27.4.2018; Manuel Varela García, o 27.4.2018; María del Pilar Moreira Pose, o 27.4.2018; Mercedes Espasandín Rial, o 27.4.2018; Carmen Souto Espasandín, o 27.4.2018; Carmen Erundina Domingo Facal, o 27.4.2018; Maximino Lema Garrido, o 27.4.2018; Dolores Calvo García, o 27.4.2018; José Rama Rellán, o 27.4.2018; Ramiro Domínguez Facal, o 27.4.2018; Manuel Agapito Rodríguez Carril, o 27.4.2018; Divina Pérez Mourelle, o 27.4.2018; Leonor García López, o 27.4.2018; hdros. María Leonor Pérez García, o 27.4.2018; hdros. María Gerpe Facal, o 27.4.2018; José Bouzas Facal, o 27.4.2018; Hdros Clarisa Castro Mata, o 27.4.2018; Josefina Varela García, o 27.4.2018; hdros. Francisco Blanco Espasandín, o 27.4.2018; José Antonio Miranda Miranda, o 27.4.2018; hdros. Encarnación López Romero, o 27.4.2018; Ramiro Miranda Montes, o 27.4.2018; Maximino Lema López, o 27.4.2018; Basilisa López Mato, o 27.4.2018; José Rial Castiñeira, o 27.4.2018; hdros. Maximino Lema Castro, o 27.4.2018; Carmen Bouzas Calvo, o 27.4.2018; Domitila Fariña Gerpe, o 27.4.2018; hdros. Hermosinda Mato Gerpe, o 27.4.2018; Lucinda Espasandín Baña, o 25.4.2018; Leonor García López, o 14.8.2018; José Martínez Romar, o 21.8.2018; Antonio Vidal Saleta, como presidente da Asociación de Veciños Eduardo Pondal, o 20.09.2018 e o 2.10.2018; Lucinda Espasandín Baña, o 5.10.2018.