Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13554

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO polo que se fai pública a resolución da Sentenza do Tribunal Supremo 983/2018, do 12 de xuño, que anula o acordo da Xunta de Galicia, do 30 de xullo de 2009, polo que se aprobou o proxecto sectorial do Parque de Tecnoloxía Alimentaria de Mougás, Oia.

O letrado da Administración de xustiza, José Miguel Formoso Sobrado, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, fai saber que no recurso contencioso-administrativo, no procedemento que se dirá, por instancia de Camping Mougás, S.L. contra a Consellería do Mar e Insuíña, S.L., o Tribunal Supremo ditou a Sentenza 983/2018, do 12 de xuño, da Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo, Sala Terceira do Tribunal Supremo, firme en dereito, cuxa resolución di literalmente:

«Primeiro. Estimar o recurso de casación número 263/2017, interposto pola representación procesual de Camping Mougás, S.L., contra a sentenza ditada o 27 de outubro de 2017 pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no recurso contencioso-administrativo 4534/2009.

Segundo. Revogar e deixar sen efecto a sentenza impugnada e, con estimación parcial do recurso contencioso-administrativo deducido contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xullo de 2009, polo que se aproba o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal proxecto sectorial do Parque de Tecnoloxía Alimentaria de Mougás, Oia, Pontevedra, anular o dito acordo por non conforme a dereito».

O que, de conformidade co previsto no artigo 107.2 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e en cumprimento do solicitado expresamente polo tribunal sentenciador, se publica para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.

A Coruña, 19 de febreiro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza