Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 12996

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3753/2018).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3753/2018 desta sección, seguido por instancia de José Julio García López sobre jubilacion, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Decido:

Estimando o recurso de suplicación interposto por Julio García López contra a Sentenza do 4 de xuño de 2018 do Xulgado do Social número 2 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra as entidades mercantís Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Exelco Granitos, S.L. e Gallega de Cobros, S.A., contra a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala revógaa para os únicos efectos de declarar a responsabilidade de anticipo das prestacións polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto), co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos. Seguen as sinaturas e a publicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Exelco Granitos, S.L. e Gallega de Cobros, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza