Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12870

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de notificación no procedemento de orde de execución de xestión de biomasa vexetal.

Unha vez visto o anuncio de notificación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, do 27 de febreiro de 2019, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírense os propietarios, arrendatarios ou usufrutuarios das parcelas coas seguintes referencias catastrais para que no prazo de quince (15) días naturais, contados desde a data de publicación no Boletín Oficial del Estado, executen os traballos de limpeza de maleza existente nos predios de referencia.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, ou ben á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Advírtese que o incumprimento da xestión da biomasa, conforme o establecido no artigo 21.ter da Lei 3/2007, poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios.

Parcelas:

– 15015A009000970000GY, superficie 3.599 m2, titularidade de Permuy Brage Pilar (herdeiros) segundo datos da Dirección Xeral do Catastro.

– 15015A009000950000GA, superficie 5.801 m2, titularidade de Permuy Brage Pilar (herdeiros) segundo datos da Dirección Xeral do Catastro.

– 15015A009001140000GI, superficie 8.242 m2, titularidade Permuy Brage Pilar (herdeiros), segundo datos da Dirección Xeral do Catastro.

Cabanas, 20 de febreiro de 2019

Germán Castrillón Permuy
Alcalde