Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (33/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 33/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roque Luis Araújo Rey contra Novas Gráficas Sociedade Cooperativa Galega e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 543/2018, do 18 de decembro, ditada no procedemento PO 323/17 a favor da parte ejecutante, Roque Luis Araújo Rey, fronte a Novas Gráficas Sociedade Cooperativa Galega e Fogasa, parte executada, por importe de 4.914,88 euros en concepto de principal (4.034,06 euros en concepto de salarios e vacacións non gozadas, 680,82 en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, e 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 491,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, que se for o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que houberen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019.

Parte dispositiva.

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada Novas Gráficas Sociedade Cooperativa Galega a fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 4.914,88 euros en concepto de principal (4.034,06 euros en concepto de salarios e vacacións non gozadas, 680,82 en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, e 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 491,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0033 19), con apercibimiento de que, en caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, procederase ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da súa investigación a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir Novas Gráficas Sociedade Cooperativa Galega, a fin de que no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimiento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Novas Gráficas Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza