Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 86/2018).

PO. Procedemento ordinario 86/2018

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Manuel Varela Moure

Avogado: Xosé Febrero Bande

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Euroquit, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 86/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Varela Moure contra Euroquit, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2019.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 86/2018, en que son parte, como demandante, Manuel Varela Moure, asistido polo letrado Sr. Febrero Bande e, como demandada, a empresa Euroquit, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Manuel Varela Moure contra Euroquit, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 4.607,88 euros. Son de aplicación os xuros por mora do 10 %. Condénase a parte demandada ao aboamento dos honorarios de asistencia letrada á parte demandante dentro do límite legal.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Euroquit, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza