Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Peroxa

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobada inicialmente a modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal, por acordo do Pleno do 4 de febreiro de 2019, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (enderezo: https://aperoxa.sedeelectronica.es).

A Peroxa, 13 de febreiro de 2019

Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde