Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12690

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO de información pública do expediente modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello das Neves, por acordo plenario adoptado en sesión do 29 de xaneiro de 2019, de conformidade co establecido no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Faro de Vigo.

A aprobación inicial desta modificación comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito do territorio obxecto da modificación do plan. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva da dita modificación puntual.

Durante o referido prazo o expediente poderá ser examinado por calquera persoa nas dependencias municipais e o documento aprobado tamén estará á súa disposición na sede electrónica municipal https://concelloasneves.sedelectronica.gal

As Neves, 7 de febreiro de 2019

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde presidente