Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ACORDO do 12 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle dá publicidade ao inicio dun expediente de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos adoptado pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición da persoa interesada o expediente para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, alegue e presente o documento e xustificacións que coide pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Atención, Participación e Empreabilidade de Estudantes Universitarios do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no suposto de que a persoa interesada estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Lugo, 12 de febreiro de 2019

María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a NIF/NIE

Importe

Curso

Causa

44484179V

260,00 €

2017/18

1,1