Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2019, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-02094-O-2018).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-02094-O-2018 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

É informado de que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselle un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 8 de febreiro de 2019

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-02094-O-2018

3338-DJM

53177416J

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

11.10.2018; 15.30.00; A-52; 224

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros