Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12639

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1128/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 1128/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Álvarez Araújo contra Suplinor, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 3.1.2019. A parte demandante solicitou a corrección do erro advertido no seu escrito.

Parte dispositiva:

– Ten lugar a rectificación instada pola parte demandada de maneira que na decisión, no nº 1, onde di: “1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lourdes Folla Sánchez fronte á empresa Cervecería Coruñesa, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión”, debe dicir: “1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Teresa Álvarez Araújo fronte á empresa Suplinor, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión”.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que sirva de notificación en legal forma a Suplinor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza