Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12425

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2106/2018).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2106/2018

Xulgado de orixe/ autos: Seguridade Social 73 /2017 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Helder Artur Teixeira Pinto

Abogados: letrado da Seguridade SociaL, Alfredo Briales de Porcioles

Recurridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Oya, S.L., Granitos de Atios, S.A., Belypa Construcciones, S.L., Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Miner Granisa, S.A.

Avogados: letrado da Tesouraría da Seguridad Social, Ismael Gómez Solla, Vanesa Rodríguez Fernández, Jorge Gabriel Philippon de Arriba

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber, que no procedemento recurso de suplicación 2106/2018 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Helder Artur Teixeira Pinto contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Oya, S.L., Granitos de Atios, S.A., Belypa Construcciones, S.L., Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Miner Granisa, S.A., Máximo Fernández Vázquez, sobre recarga de accidente, ditouse a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado da Administración da Seguridade Social, na representación que posúe do Instituto Nacional da Seguridade Social, e o interposto polo letrado Alfredo Briales de Porcioles, en nome e representación de Herder Artur Teixeira Pinto, contra a sentenza de data 3 de outubro de 2017, ditada polo Xulgado do Social número uno dos de Vigo, en autos seguidos por instancia de Herder Artur Teixeira Pinto, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as empresas Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Máximo Fernández Vázquez, Granitos de Atios, S.A., Miner Granisa, S.A., Canteras Oya, S.L., e Belypa Construcciones, S.L., en situación de concurso de acredores, sobre accidente de traballo-recargo de prestacións por falta de medidas de seguridade, nos cales foi citada como parte a Administración Concursal da empresa Belypa Construcciones, S.L., debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada, sen que proceda facer imposición das custas dos recursos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rocas Graníticas Gallegas, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza