Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

As resolucións notificadas ditounas o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, por delegación da conselleira, e teñen por obxecto reclamacións do persoal docente dos centros privados concertados da paga extraordinaria por antigüidade na empresa.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A notificación da resolución poderase recoller na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

DNI das persoas interesadas:

34932532V

34247295L

33263591W

32800889Z