Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia nas dilixencias por incumprimento en materia de montes CAF-1/2018.

De conformidade co disposto no artigo 67.bis.4 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 1.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa finalización.

Lugo, 14 de febreiro de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Dilixencias

Persoa denunciada

Acto de notificación

Datos parcelas

Concello

Polígono

Parcela

CAF-1/2018

NIE Y4296307J

Requirimento

Muras

85

134

135