Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 12055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 276/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 276/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Pichel López contra a empresa Eurográficas Pichel, Miguel Ángel Lamela Méndez, administrador concursal e Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estimo a demanda presentada por instancia de Manuel Pichel López contra a entidade Eurográficas Pichel, S.L. e, en consecuencia, condeno á demandada a abonar ao actor a cantidade 3.758,44 euros en concepto de salarios debidos, parte proporcional das pagas extra e vacacións, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación que se presentará no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación da presente, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación legalmente prevista para ese efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e requisitos previstos nos artigos 190 e 191, ambos da Lei reguladora da xurisdición social.

Para que sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza