Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 664/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 664/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Francisco José Rodríguez Pérez contra a empresa Ambunova Servizos Sanitarios, S.L.U., Ambuiberica, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Resolución.

Estimando integramente a demanda presentada por Francisco José Rodríguez Pérez, contra Ambunova Servizos Sanitarios S.L.U. e Ambuiberica S.L., debo condenar e condeno ás mercantís demandadas solidariamente a abonarlle ao demandante a suma de 5.627,59 euros brutos polos conceptos detallados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa non ha lugar á súa condena nesta instancia debendo aterse que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servizos Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial da Galicia e a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza