Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2019 Páx. 11556

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño

EDICTO (249/2016).

Neste órgano xudicial, no procedemento de referencia ditouse a Sentenza 29/2018, do 20 de xuño de 2018, cuxo texto íntegro se poderá consultar na sección civil deste xulgado. Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días hábiles contado desde a súa notificación.

Conforme o sinalado na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, fíxase para tal efecto este edicto no taboleiro de anuncios do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño, para a súa notificación ao demandado, edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada, herdanza xacente da comunidade hereditaria de Rosa González Rodríguez, expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

O Carballiño, 20 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza