Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifican ás persoas interesadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081 5363 20 0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producira o seu cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación os interesados e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, e queda supeditada a eficacia desta notificación a súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2019

Xosé Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra

ANEXO

NIF/NIE

Concepto

Período

Débeda

035446518E

Fra. 201831340

31.8.2018

5.489,11

X02469641Q

Fra. 201831586

29.10.2018

401,94

72504970T

Fra. 201831638

14.11.2018

361,59

053180893V

Fra. 201831712

18.12.2018

401,94

044084576Q

Fra. 201804988

30.8.2018

268,34

044084576Q

Fra. 201804989

30.8.2018

7.610,20

X03646418K

Fra. 201806727

20.12.2018

268,34