Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11239

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón

EDICTO (201/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón, fago saber que foi ditada sentenza o 13 de setembro de 2017 por Paula Ventosa Bermúdez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón, nos autos de xuízo sobre delitos leves número 201/2017 contra Ivonne Vila Pereira.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ao da súa notificación, prazo durante o cal quedarán as actuacións na secretaría á disposición das partes.

E de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, mediante este edicto notifícase a Ivonne Vila Pereira, en paradoiro descoñecido, e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia e identificándose debidamente no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón.

Padrón, 5 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza