Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11235

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (441/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Peza: 441/2010

Procedemento de orixe: xuízo ordinario número 835/2005

Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 1 de Ferrol

Deliberación o día: 13 de decembro de 2011

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, en nome do rei, a seguinte:

«Sentenza 483/2011.

Maxistrados: Julio Tasende Calvo, Dámaso Brañas Santa María, María del Carmen Vilariño López.

A Coruña, 15 de decembro de 2011.

No recurso de apelación civil número 441/2010, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, en xuízo ordinario número 835/2005, sendo a contía do procedemento 5.722,71 euros, seguido entre partes, como apelante, Allianz Seguros y Reaseguros, S.A., representada polo procurador Sr. Pérez Lizarriturri, e como apelados, Construcciones y Reformas Gescón, S.L., Miguel Ibáñez Romero e Yesocor, S.A. É relator Julio Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolución.

Desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Allianz Seguros y Reaseguros, S.A. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ferrol, nos autos número 835/2005, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución, con imposición das custas desta alzada á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Miguel Ibáñez Romero e Yesocor, S.A., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza