Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá publicidade do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación Oportuna 4086-1.7, no concello de Carballeda de Valdeorras.

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, e o Decreto 975/2009, do 12 de xuño, artigo 6, punto 3, e da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría en Galicia, artigo 23.4, faise público o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración relativo á concesión de explotación sección C Oportuna nº 4086-1.7, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido polo Grupo de Casayo, S.A.

O proxecto pódese consultar, durante o prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria en Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º).

Ourense, 11 de febreiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense