Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 394/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social núm. 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 394/2018, seguido por instancia de José Luis Bravo López contra María Beatriz López Neto sobre reclamación de salarios e vacacións, foi ditada a Sentenza núm. 224/2018, do 11 de outubro, estimando a demanda, e contra a cal non cabe interpor ningún recurso. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Beatriz López Nieto, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza