Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10924

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 8 de febreiro de 2019 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro Estudio, de Santiago de Compostela, para impartir as ensinanzas profesionais de música moderna.

O titular do centro Estudio, de Santiago de Compostela, solicita autorización para impartir as ensinanzas profesionais de música moderna nas especialidades de guitarra eléctrica, baixo eléctrico, contrabaixo, percusión, saxofón, trompeta, trombón, canto e piano.

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, establece os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas, o Decreto 253/1995, do 29 de setembro, e a Orde do 5 de decembro de 1995 regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial da Coruña, que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas ensinanzas.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar as ensinanzas profesionais de música moderna, no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación: CEMU Profesional Estudio.

Código do centro: 15033186.

Enderezo: rúa Neira de Mosquera, 7.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: 15702 Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Jesús Atanes López.

Ensinanzas que se autorizan:

Profesionais de música moderna, para 70 postos escolares, das especialidades de guitarra eléctrica, baixo eléctrico, contrabaixo, percusión, saxofón, trompeta, trombón, canto e piano.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional