Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10915

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 5 de febreiro de 2019 pola que se autoriza o centro privado plurilingüe Las Acacias-Montecastelo, de Vigo, como resultado da fusión dos centros privados Las Acacias e Montecastelo da mesma localidade.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Las Acacias e do CPR Montecastelo, ambos de Vigo, solicita a súa fusión nun único centro coa denominación de CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización

Autorizar o centro privado (CPR) Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo como resultado da fusión nun único centro do CPR Las Acacias e do CPR Montecastelo. A configuración do novo centro é a que se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Las Acacias-Montecastelo.

Código: 36025037.

Enderezo: rúa Doutor Paz Pardo, 84.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Código postal: 36214.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

Composición resultante:

Educación infantil: 9 unidades.

Educación primaria: 18 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.

Bacharelato: 8 unidades das modalidades de Ciencias, e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:

1 CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CM Instalacións eléctricas e automáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior (CS), modalidade presencial:

1 CS Automatización e robótica industrial (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

c) Ciclos formativos na modalidade semipresencial e/ou a distancia:

1 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

1 CS Desenvolvemento de aplicacións web.

Artigo 2. Extinción da autorización

Extinguir a autorización do CPR Plurilingüe Las Acacias (código 36011831) e o CPR Plurilingüe Montecastelo (código 36011191).

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O novo centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión da autorización cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde terá efectos do día 1 de setembro de 2019.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional