Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 217/2018).

Execución de títulos xudiciais 217/2018

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 238/2018

Demandante: José Manuel Salgueiro Castro

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire

Demandado: Fogasa, Enasa System, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubio Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 217/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Salgueiro Castro, contra a empresa Enasa System, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto en data 25 de xaneiro de 2019 e dilixencia de ordenación do 30 de xaneiro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Estímase o recurso de reposición interposto contra o auto de 21.11.2018 e o recurso directo de revisión interposto contra o decreto de 23.11.2018, de modo que na súa parte dispositiva, onde di 275,77 euros de indemnización, debe dicir 1.378,85 euros nese concepto.

Notifíquese ás partes esta resolución, facéndolles saber que contra ela poden interponer, ante este xulgado, recurso de suplicación no prazo de cinco días, seguintes á notificación deste edicto.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E a dilixencia de ordenación:

«Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: Encarnación Mercedes Tubio Lariño

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019.

Visto o anterior auto, no cal se estima o recurso de reposición contra o auto do 21 de novembro de 2018 e o recurso de revisión contra o decreto do 23 de novembro de 2018, e modificándose a cantidade pola que se despacha execución, requírase a Enasa System, S.L., a fin de que no prazo de dez días, sen escusa nin pretexto, ingrese na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número 5076 0000 64 0217 18, a suma de 14.415,25 euros en concepto de principal (1.378,85 € de indemnización + 13.036,40 € salarios, máis 1.441,52 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas.

Notifíquese ás partes e a Enasa System, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Enasa System, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza