Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 14 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto da liña de alta tensión 66 kV Miñón (modificado), no concello de Vimianzo (A Coruña) (expediente IN408A 2018/15).

Primeiro. Con data do 23 de abril de 2018, Greenalia Power, S.L.U., solicitou a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, a aprobación do proxecto sectorial da liña de alta tensión a 66 kV con orixe na subestación do parque eólico Miñón e final no apoio 23 da liña de alta tensión a 66 kV con orixe na subestación do parque eólico Monte Tourado-Eixe e final na subestación 20-66/220 kV de Regoelle, achegando a documentación técnica necesaria do proxecto.

Segundo. Con data do 18 de maio de 2018, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto da LAT 66 kV Miñón, o que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria, con carácter de urxencia, e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento (DOG nº 109, do 8 de xuño de 2018).

Terceiro. Con data do 9 de outubro de 2018, mediante Acordo da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, feita por Greenalia Power, S.L.U. (DOG nº 199, do 18 de octubre de 2018).

Cuarto. Con data do 4 de decembro de 2018, a promotora, Greenalia Power, S.L.U., solicita á Subdirección Xeral de Enerxía o cambio de titularidade da LAT 66 kV Miñón. Con data do 11 de febreiro de 2019 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou o referido cambio de titularidade da LAT 66 kV Miñón de Greenalia Power, S.L.U. a favor de Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U.

Quinto. Con datas 21 de decembro de 2018, 5 de febreiro de 2019 e 11 de febreiro de 2019, a promotora, Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U., presentou nova documentación técnica que supón unha modificación do proxecto de execución, proxecto sectorial e, na relación de bens e dereitos afectados (predios desafectados e predios que modifican as afeccións) debido ás correccións introducidas polos informes e condicionados técnicos emitidos.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia); na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicacións, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U., NIF B70566567 (anteriormente Greenalia Power, S.L.U.).

Enderezo para as notificacións: praza de María Pita, 10, 1º, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: liña de alta tensión 66 kV Miñón.

Municipio afectado: concello de Vimianzo (A Coruña).

Orzamento: 561.159,85 euros.

– Obxecto:

Co fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada (24,255 MW) no parque eólico proxectado de Miñón (IN408A 2017/07), Greenalia Power, S.L.U., proxecta unha liña aérea de alta tensión que conectará coa liña LAT 66 kV parque eólico Monte Tourado-Eixe/Monte Tourado/subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV (Vimianzo-Zas-Dumbría) (IN407A 2017/166-1) proxectada, para evacuar finalmente na subestación colectora de Regoelle proxectada (IN407A 2016/3040-1) e desta á subestación Regoelle 220 kV existente (IN407A 2009/299-1) de rede eléctrica.

– Características técnicas das instalacións:

LATA a 66 kV, de 5.851,30 m, condutor tipo LA-180 Al, con orixe na subestación de evacuación do PE Miñón proxectado (IN408A 2017/07) e final no apoio nº 23 da liña proxectada e MTE-04 do tramo I.2 da LAT 66 kV parque eólico Monte Tourado-Eixe/Monte Tourado/subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV (Vimianzo-Zas-Dumbría) (IN407A 2017/166-1) proxectada.

– Obxecto da información pública:

• A autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (modificado) (xaneiro 2019).

2. A modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (febreiro 2019).

3. A modificación na relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados (xaneiro 2019), que figura nos anexos I e II que se insire neste acordo.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a planimetría, o proxecto de execución (modificado), a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal correspondentes ás instalacións da liña de alta tensión 66 kV Miñón, nas dependencias da Sección de Enerxía desta xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, así como no concello de Vimianzo (A Coruña), e presentar as súas alegacións, durante un prazo de quince (15) días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

O proxecto da liña de alta tensión 66 kV Miñón foi declarado de interese especial polo Consello da Xunta de Galicia o 18 de maio de 2018, para os efectos da disposición adicional primeira da Lei 8/2009, engadida pola Lei 5/2017, do 19 de outubro. «Esta declaración terá como efectos a tramitación de forma prioritaria e co carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial».

A Coruña, 14 de febreiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO I

Relación de bens e dereitos desafectados con respecto ao Acordo do 9 de outubro de 2018 (DOG nº 199, do 18 de outubro) do proxecto da liña de alta tensión 66 kV Miñón, no concello de Vimianzo (A Coruña)

Predio

Propietario/a

Datos catastrais

Concello

Polígono

Parcela

1

Mato Domínguez, José

Vimianzo

64

410

2

Rego Pereira, María Isolina

Vimianzo

61

252

5

Suárez Riveiro, Faustino (hdros. de)
Suárez Riveiro, Trinidad
Suárez Riveiro, María

Vimianzo

61

303

ANEXO II

Relación de bens e dereitos afectados con afeccións-modificadas con respecto ao Acordo do 9 de outubro de 2018 (DOG nº 199, do 18 de outubro) do proxecto da liña de alta tensión 66 kV Miñón, no concello de Vimianzo (A Coruña)

Predio

Propietario/a

Datos catastrais

Afeccións

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Vía de acceso

Sup. temporal apoio

Concello

Pol.

Parc.

Sup. (m2)

Lonxitude
(m)

Superficie
(m2)

Superficie
(m2)

Superficie (m2)

3

Busto Cundins, Avelina

Vimianzo

61

253

Tras da Cruz

Eucaliptos

1

37

37

877

69

452

4

Mata Castiñeira, Manuel

Vimianzo

61

301

Tras da Cruz

Eucaliptos

47

1.642

6

Castro Suárez, Erundina

Vimianzo

61

302

A Cruz

Eucaliptos

100

7

Rojo Ameijeiras, Delfina (hdros. de)

Vimianzo

61

300

Tras da Cruz

Eucaliptos

66

2.015

8

Pereiro Suárez, Esther

Vimianzo

61

291

Tras da Cruz

Eucaliptos

207

9

Suárez Corzón, Evaristo

Vimianzo

61

292

Pedra Sobreira

Plantación de eucaliptos

95

3.345

10

Suárez Mato, Raúl

Vimianzo

61

289

Pedra Sobreira

Plantación de eucaliptos

119

4.216

55

20

11

Rial Andrade, Evangelina (hdros. de)

Vimianzo

61

907

Pedra Sobreira

Eucaliptos

2

4

125

2.519

200

480

13

Suárez Rojo, Faustino (hdros. de)

Vimianzo

61

409

Pedra Sobreira

Eucaliptos

3

3

80

1.400

330

14

Suárez Mato, Raúl

Vimianzo

61

967

Pedra Sobreira

Eucaliptos

47

Afeccións en metros cadrados (m²):

– Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados:

Apoio: expropiación total en metros cadrados (m2).

– Vía de acceso:

Servidume de paso temporal das vías polas que circularán os transportes durante a construción da liña.

– Ocupación temporal:

Ocupación dos terreos necesaria durante a execución das infraestruturas proxectadas.

– Servidume de voo:

Voo: servidume de voo en metros lineais (m) e metros cadrados (m2).