Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 779/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 779/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Loureiro Otero contra a empresa Ecored Comercio, S.L., con intervención procesual do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 779/2016, sendo parte nel como demandante Verónica Loureiro Otero, asistida polo letrado José Páramo Sureda, e como demandado Ecored Comercio, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Decisión.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Verónica Loureiro Otero, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Ecored Comercio, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 2.476,16 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ecored Comercio, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2019.

A letrada da Administración de xustiza