Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do procedemento sancionador por infracción na orde social Y4532362L/30/08/2018/2.1.E e tres máis.

Intentadas as notificacións das comunicacións do inicio dos procedementos sancionadores ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polas que se acorda o inicio dos expedientes sancionadores arriba referenciados, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédense a efectuar as notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cuxa eficacia quedará condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen dos 15 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para formularen por escrito as alegacións que coiden oportunas, documentalmente acreditadas ante a oficina de emprego do Carballiño, sita na rúa Otero Pedrayo, 20 baixo, do Carballiño, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como para os efectos de coñecer integramente o contido da comunicación de inicio ditada polo xefe territorial.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos interesados que se, transcorrido o devandito prazo, non achegan alegación en tempo e forma, será ditada a correspondente resolución pola da Xefatura Teritorial de Ourense, que dispón dun prazo de seis meses, desde a data deste acordo, para notificarlle a resolución pertinente.

Ourense, 4 de febreiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: Y4532362L/30/08/2018/2.1.E.

Persoa interesada: NIE Y4532362L.

Concello: O Carballiño.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da comunicación: comunicación da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.

Expediente: Y4532381S/30/08/2018/2.1.E.

Persoa interesada: NIE Y4532381S.

Concello: O Carballiño.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da comunicación: comunicación da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.

Expediente: 77405833T/02/10/2018/2.1.E.

Persoa interesada: DNI 77405833T.

Concello: O Carballiño.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da comunicación: comunicación da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.

Expediente: 52612564H/18/12/2018/2.1.E.

Persoa interesada: DNI 52612564H.

Concello: O Carballiño.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da comunicación: comunicación da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.