De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia (artigo 118 da Lei 39/2015), no expediente COR/73/2017-RP1 en relación co recurso potestativo de reposición interposto por María Dolores Portela Varela contra a Resolución do 11 de setembro de 2018, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
Ao non poderse realizar a notificación persoal a Jennifer María Rodríguez Portela, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados o emprazamento para o trámite de audiencia por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o expediente de reposición da legalidade urbanística se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para que alegue o que considere procedente.
Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística