Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10216

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2019 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia para o ano 2018.

No Diario Oficial de Galicia nº 80, do 25 de abril de 2018, publicouse a Orde da Consellería de Infraestruturas e Vivenda do 9 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas no ano 2018 para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Orde do 9.4.2018; DOG núm. 80, do 25 de abril)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas
ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte,
ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada
en Galicia para 2018 (aplicación orzamentaria 2018.08.02.512A.481.1)

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.

NIF

Entidade

Importe (€)

G15248859

Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionales y Especiales (Acotrades)

30.475,32

G15624281

Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionales y Especiales (Anetra)

16.754,20

G36627719

Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías de Pontevedra (Asetranspo)

58.841,91

G15086341

Federación Gallega de Servicios de Transporte en Autobús (Fegabus)

12.681,20

G15353543

Federación de Autónomos del Taxi de Galicia (Fegataxi)

23.579,31

G15086358

Federación Galega de Transportes de Mercancías (Fegatramer)

79.264,71

G32400293

Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais de Transporte (Fegatrans)

62.452,73

G70209234

Federación Gallega de Transporte de Viajeros (Fegatravi)

31.688,55

G32345670

Federación Empresarial de Transporte de Mercancías por Carretera de Galicia (Fetram)

46.507,35

G70037544

Asociación Empresarial de Alquiler de Vehículos con e sen Condutor de Galicia (Galeval)

2.253,15

G15640808

Federación Galega de Asociacións de Transportes de Viaxeiros en Autocar (Transgacar)

26.460,08

G70231121

Federación Galega de Asociacións de Transportes de Viaxeiros en Autocar (Urbanos)

9.041,49

TOTAL

400.000,00