O 3 de decembro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018120TA-OU, incoado ao titular do DNI 44451145B como responsable do Café-Bar Luna 13, con enderezo na rúa Luna, 13, baixo, 32005 Ourense.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase ao titular do DNI 44451145B o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa avenida de Zamora, 13, Ourense e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.
Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 23 de xaneiro de 2019
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente: 2018120TA-OU.
DNI/NIF/CIF: DNI 44451145B como responsable do Café-Bar Luna 13.
Último enderezo coñecido: rúa Luna, 13, baixo, 32005 Ourense.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).