Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10187

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de información pública sobre a regularización e ampliación do cemiterio de Fiolledo.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sométese a información pública durante o prazo de vinte (20) días hábiles, para efectos de reclamacións, na Secretaría Xeral deste concello, o expediente de edificación en solo de núcleo rural consolidado de Burguete, do seguinte:

– Avelino Vidal Fernández, en nome e representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fiolledo, para a regularización e ampliación do cemiterio de Fiolledo, cuxas características son as seguintes: situación, Burguete-Fiolledo; edificación para regularizar de 624 m2 e ampliación de 386,64 m2 e altura de 3,20 metros, en solo de núcleo rural consolidado de Burguete.

Horario e consulta do expediente: de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, na Secretaría do Concello.

Salvaterra de Miño, 17 de xaneiro de 2019

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde