Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10121

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (814/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 814/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nayancy Iglesias Aristizábal contra Hostelería y Servicios Astapor, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades (en substitución).

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 14.11.2017 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de procedemento ordinario (cantidade) presentada por Aristizábal Nayancy Iglesias fronte a Hostelería y Servicios Astapor, S.L. e Fondo de Garantía Salarial

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 24.1.2019, ás 10.45 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación non compareceu o demandante, que estaba debidamente citado.

Fundamentos de dereito:

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, considerarase que desiste da súa demanda (artigo 83.2 LXS).

Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante, citado en forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o letrado da Administración de xustiza no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal no segundo, o declararán desistido da súa demanda.

Alternativamente, a aplicación subsidiaria da LAC en canto á desistencia expresa do demandante debe entenderse á luz do que dispón o seu artigo 20.2, con independencia da distinta canle procesual que deba seguirse. No caso da xurisdición social, e ao se tratar dun procedemento sometido plenamente ao principio de oralidade, tras a manifestación expresa do demandante de desistir da súa demanda, debe concluírse coa necesidade de ditar a resolución a que se refire o artigo 20.3 da LAC, ao non constar oposición expresa da contraparte.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

– Declarar que Aristizábal Nayancy Iglesias desiste da súa demanda sobre procedemento ordinario-reclamación de cantidades, fronte a Hostelería y Servicios Astapor, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1596, clave 64 N, no Banesto, e indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería y Servicios Astapor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza