Encomenda de xestión:
– Actividade. A encomenda ten por obxecto a execución do servizo de mantemento da rede de estacións oceano-meteorolóxicas de Galicia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxetiva, ao ter a entidade Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e segundo a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2019, e será o prazo máximo o 31 de decembro de 2019 ou ata a total execución das unidades orzamentadas.
– Importe e modalidade de financiamento. O importe da encomenda ascende á cantidade de trinta e seis mil euros (36.000 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 07.02.541E.633.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda