Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2019, do tribunal que rexe o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección de consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, polo que se empraza a parte interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese practicar, emprázase a parte interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo presidente do tribunal.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante as dependencias da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, con enderezo en San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres hábiles.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal

ANEXO

Expediente: AXINS RA001/17.

DNI: 4444867C.

Acto notificado: Acordo do 17 de decembro de 2018 do tribunal.