Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9337

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a innovación no sector pesqueiro cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2019, tramitado como expediente anticipado de gasto.

O Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (DOUE L347, do 20 de decembro de 2012) (en diante, disposicións comúns dos fondos EIE); e o Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1225/2011 do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE L149, do 20 de maio de 2014), constitúen o marco de financiamento comunitario para o período 2014-2020, que, entre outros, ten como obxectivo apoiar actuacións que fomenten un sector da pesca sustentable e respectuoso co ambiente para acadar os obxectivos da política pesqueira común (PPC) en consonancia cos obxectivos da estratexia de Europa 2020. Por outra banda, mediante a Decisión do 13 de novembro de 2015, a Comisión aprobou o programa operativo para España do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para os efectos de concesión de axudas do dito fondo neste Estado membro, de maneira que este contribúe á estratexia da UE para un crecemento intelixente, sustentable e integrador e á consecución dos obxectivos temáticos seleccionados e as prioridades da Unión.

Un dos elementos diferenciadores deste novo período de programación é a relevancia que ten a innovación, que se vai desenvolver mediante colaboracións entre as empresas do sector e os organismos científicos ou técnicos. Entre as medidas de innovación destinadas ao fomento da pesca sustentable, o FEMP establece dúas medidas, o artigo 26 de innovación e o artigo 39 de innovación relacionada coa conservación dos recursos biolóxicos mariños. Cómpre, polo tanto, poñelas a disposición do sector de xeito que os investimentos innovadores ao abeiro do artigo 26 acaden o desenvolvemento ou introdución de produtos e equipos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos e técnicas novas ou perfeccionadas ou sistemas de xestión ou organización novos ou perfeccionados, así como tamén polo artigo 39 as operacións que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos ou organizativos que reduzan o efecto das actividades pesqueiras no ambiente co fin da eliminación gradual de descartes e capturas accesorias.

Ademais, o artigo 1.1.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións se poderán iniciar sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, mesmo cando a súa execución se realice nunha ou en varias anualidades; no primeiro caso, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia que corresponda ao exercicio orzamentario en que se vai materializar a contraprestación, e no segundo, sempre que exista crédito para a primeira anualidade e que se cumpran os requisitos do artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

O artigo 3.3.3 estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou transposición dela e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas.

Por todo isto, e de acordo co disposto nos artigos 30.1.3 e 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2019 e establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de proxectos innovadores no sector extractivo, incluída a transformación e comercialización e tamén operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños, co fin de fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva medioambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva. Códigos dos procedementos administrativos regulados por esta orde:

PE205G, para axudas a proxectos innovadores no sector extractivo.

PE205H, para axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños.

Artigo 2. Definicións

a) Para os efectos desta orde, establécense as seguintes definicións:

I) Centro científico ou técnico que valide os resultados: terán a consideración de organismo científico ou técnico os incluídos no rexistro creado ao abeiro do Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica.

Tamén poderán validar os resultados os organismos públicos de investigación (OPIs) indicados no art. 47 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación: Consello Superior de Investigacións Científica (CSIC), o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME), o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Centro de Investigacións Enerxéticas Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), o Instituto Nacional de Investigación y Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA) e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC). Igualmente consideraranse OPIs os recoñecidos como tales pola normativa propia das comunidades autónomas.

Igualmente as Universidades públicas e privadas ou entidades do sector público que desenvolvan actividades de I+D+i poderán validar os resultados.

II) Microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes): empresas con menos de 250 empregados e cun volume de negocios anual igual ou inferior a 50 millóns de euros. As empresas deberán cumprir os criterios de independencia segundo a Recomendación da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas. Para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros terase en conta o indicado na citada recomendación.

b) Para as definicións non incluídas na letra a) aplicaranse as definicións dos regulamentos (UE) nº 1303/2013, relativo ás disposicións comúns dos fondos EIE e Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao FEMP e, na súa falta, demais normativa de aplicación.

Artigo 3. Finalidade

As axudas terán como finalidade:

1. Proxectos innovadores, entendendo por tales, os que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir produtos e equipamentos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos ou técnicas novas ou perfeccionadas ou sistemas de xestión ou organización novos ou perfeccionados no sector extractivo, tamén na transformación e comercialización (procedemento PE205G).

2. Operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños que contribúan á eliminación gradual dos descartes e as capturas accesorias que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos ou organizativos que reduzan os efectos da pesca sobre o ambiente, en particular, mediante técnica de pesca perfeccionadas e a selectividade das artes, ou que teñan por obxectivo lograr un uso máis sustentable dos recursos biolóxicos mariños e a coexistencia cos predadores protexidos (procedemento PE205H).

Artigo 4. Crédito orzamentario

1. Para o ano 2019 as axudas concederanse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias que figuran dotadas no proxecto de orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2019, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio será o seguinte, segundo a finalidade perseguida pola liña de axudas:

– 15.02.723A.770.0, código de proxecto 2016.00277 (Innovación): 733.000 €.

– 15.02.723A.770.0, código de proxecto 2016.00260 (Innovación relacionada coa conservación dos recursos biolóxicos mariños): 300.000 €.

2. O período de elixibilidade do actual programa operativo (2014-2020) abrangue desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2023, segundo dispón o artigo 65, punto 2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas aos fondos EIE.

3. O importe fixado na presente convocatoria, así como as aplicacións a que se impute, poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde en que se publique para o efecto.

4. A concesión das axudas queda condicionada á efectiva existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

5. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEMP nun 75 % e do Estado membro (Comunidade Autónoma de Galicia) nun 25 %.

6. Poderanse adquirir compromisos de carácter plurianual de acordo co artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

7. A tramitación deste expediente acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000, e de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionada á efectiva existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos definitivos da Comunidade Autónoma para o 2019.

Artigo 5. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios:

a) Propietarios de buques pesqueiros.

b) Organizacións ou asociacións dos anteriores, incluídas as confrarías de pescadores.

2. Cómpre a colaboración dun organismo científico ou técnico segundo o artigo 2, letra a) punto i) que desenvolverá as operacións e validará o resultado delas. Para iso deberá existir un contrato ou acordo de asociación/cooperación onde exista unha clara distribución de tarefas e responsabilidades deste último para validar os resultados da operación.

O persoal do organismo científico que colabore no desenvolvemento do proxecto/operación non pode ser coincidente co que valide os resultados.

O organismo científico ou técnico deberá ser axeitado segundo a finalidade do proxecto. Cando se estime que o organismo non é o axeitado requirirase para que o solicitante presente outro no prazo de dez días hábiles.

Artigo 6. Requisitos xerais

1. Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio nos termos indicados no artigo 12 desta orde, e non poderán estar finalizados nin pagados antes da data de presentación da solicitude.

2. O investimento non poderá aumentar a capacidade de pesca do buque nin o equipo aumentar a capacidade de detectar peixe.

3. A persoa solicitante non pode estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. A persoa solicitante non pode estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. A persoa solicitante debe atoparse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. A persoa solicitante non pode ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

7. A persoa solicitante non pode ter cometido infracción grave:

– Da PPC definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.

– Do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes. Se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

8. No marco do FEP ou FEMP, a persoa solicitante non pode ter sido declarada culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27 de novembro de 1995).

9. A persoa solicitante non pode estar involucrada, nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

10. A persoa solicitante debe atoparse en posesión de capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

11. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, a persoa solicitante debe estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

12. Coa solicitude xuntarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 3 a 10 deste artigo.

Artigo 7. Requisitos específicos

1. Se o solicitante é un propietario dun buque pesqueiro:

– O buque ten que estar na 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras.

– Ter o seu porto base na Comunidade Autónoma galega e estar de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira ou Censo da Frota Pesqueira Operativa de non existiren o primeiro.

– Ter constituído un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

2. Se o solicitante é unha organización ou asociación dos anteriores debe ser de ámbito autonómico.

Artigo 8. Obrigas xerais das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.

b) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, que será a data contable do último pagamento, esta non pode:

– Cesar a actividade produtiva nin, no caso de agrupacións sen personalidade xurídica, disolverse ata que remate o devandito prazo.

– Relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.

– Cambiar a propiedade da infraestrutura ou dun elemento de infraestrutura de forma que proporcione unha vantaxe indebida e sen autorización expresa do órgano concedente.

A Consellería do Mar solicitará o reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumprisen os requisitos.

c) Deberá reembolsarse integramente a axuda se, nos dez anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, a actividade produtiva se somete a unha relocalización fóra da Unión, excepto cando a persoa beneficiaria sexa unha peme.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción da data contable do derradeiro pagamento, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable ás persoas beneficiarias. Con todo, tamén deberá conservar os devanditos documentos durante dous anos a partir do 31 de decembro do ano seguinte á presentación das contas, por parte da autoridade de xestión a Comisión Europea, nas cales se incluíse a súa operación, para o cal informaráselle da devandita data.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

g) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.

h) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.

i) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, cando a axuda sexa de 100.000 € ou superior ou cando o proxecto se estime relevante, segundo se indique na resolución de concesión.

j) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, esta non poderá ter cometido unha infracción grave da PPC nin do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, non ter sido declarada culpable de cometer fraude nin estar incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que enarboren o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro.

k) En operacións de innovación relacionada coa conservación dos recursos biolóxicos mariños a que se refire o artigo 3 punto 2 desta orde, que non se consideren pesca con fins científicos, segundo o artigo 33 do Regulamento 1224/2009 e que consistan en ensaiar novas artes ou técnicas de pesca, realizaranse dentro das posibilidades de pesca asignadas.

Artigo 9. Intensidade das axudas e investimento máximo subvencionable

1. As axudas reguladas nesta orde teñen o carácter de subvencións de capital e non constitúen axudas de Estado.

2. O importe do investimento subvencionable será o que se obteña da valoración das obras ou investimentos con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes emitidos.

3. A contía máxima da axuda será, con carácter xeral, o 50 % do investimento máximo subvencionable a que se refire o punto 2 deste artigo, sen prexuízo do establecido no artigo 95 do Regulamento 508/2014, que permite chegar ata o 100 % cando se trate de proxectos de interese colectivo, cun beneficiario colectivo e con características innovadoras a escala local, se se considera pertinente; e do establecido no anexo I dese mesmo regulamento 508/2014 do Parlamento e do Consello, onde se determina a intensidade específica da axuda.

Artigo 10. Investimentos obxecto de subvención e gastos subvencionables

1. En proxectos innovadores no sector extractivo será subvencionable o desenvolvemento ou introdución de:

a) Produtos e equipos novos ou substancialmente perfeccionados.

b) Procesos e técnicas novas ou perfeccionadas.

c) Sistemas de xestión ou organización novos ou perfeccionados.

2. En operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños serán subvencionables as operacións que:

a) Teñan como obxectivo desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos u organizativos que reduzan o efecto das actividades pesqueiras no ambiente, en particular, mediante técnicas de pesca perfeccionadas e a selectividade das artes.

b) Teñan por obxectivo lograr un uso máis sustentable dos recursos biolóxicos mariños e a coexistencia da actividade pesqueira coa conservación dos predadores mariños protexidos.

Neste caso deduciranse dos gastos subvencionables os ingresos netos xerados pola participación do buque pesqueiro na operación. Os ingresos netos obteranse dos ingresos xerados pola primeira venda menos os gastos da venda, como as taxas aboadas ás lonxas.

3. Consideraranse como gastos elixibles os gastos do persoal contratado polo beneficiario exclusivamente para a realización do proxecto: ata un 100 % do salario sen contar coa Seguridade Social, que será por conta do beneficiario. Non se subvencionarán os gastos do persoal propio. A contratación de este persoal será acorde coa súa titulación. A retribución anual que se subvenciona do persoal contratado, non poderá ser superior ao importe vixente no ano de contratación, correspondente ao grupo de titulación, segundo o V Convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia; na convocatoria do ano 2019 os importes figuran no anexo XIV.

A comisión poderá determinar o persoal máximo que se subvencionará en función da envergadura do proxecto.

4. Non serán subvencionables:

– As operacións que incrementen a capacidade de pesca dun buque ou o equipamento que aumente a capacidade do buque de detectar peixe.

– As construcións ou importacións de buques.

– A pesca exploratoria.

– O imposto do valor engadido (IVE) nin outros impostos recuperables.

– As transferencias de propiedade dunha empresa.

– Os gastos de reposición de elementos, infraestruturas, instalacións e equipamentos nin os gastos de mantemento das estruturas ou empresas.

– As adquisicións de elementos, infraestruturas, instalacións e equipamentos de segundo uso e posteriores.

– A adquisición de elementos e todo tipo de bens que non sexan pagados por transferencias bancarias ou aqueles pagados mediante préstamos de entidades provedoras.

– Trámites para a publicación en revistas científicas, para a adquisición de patentes ou para a normalización do proxecto subvencionado.

– Participación en congresos, xornadas ou similares de carácter científico.

5. De ser o caso, serán subvencionables os gastos dos proxectos técnicos, que non poderán superar o límite do 12 % do investimento máximo subvencionable.

6. A elixibilidade das operacións basearase nos criterios de selección sinalados no artigo 113.a) do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, aprobados polo Comité de Seguimento, e que segundo se indica na citada norma serán revisados de conformidade coas necesidades de programación.

Artigo 11. Compatibilidade das axudas

1. Os gastos cofinanciados pola presente orde serán compatibles con outras liñas de axudas sempre que a suma de todas elas non supere o límite da intensidade máxima de axuda pública prevista no artigo 95 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014.

2. Non obstante, a obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalidade polas administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada persoa beneficiaria supere os límites que se indican no número anterior, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións, ata axustarse a ese límite na última subvención que se conceda.

Artigo 12. Certificación de non inicio

1. Con carácter xeral, as actuacións para as cales se solicita axuda non poderán estar iniciadas antes da presentación da solicitude.

2. O non inicio do investimento acreditarase mediante certificación dos servizos da Consellería do Mar, certificación que se solicitará coa propia presentación da solicitude.

3. No caso de proxectos técnicos, o non inicio acreditarase mediante a factura, que poderá ser de data de ata tres meses antes da presentación da solicitude.

4. Para a realización das actas de non inicio poderanse realizar convocatorias colectivas fixando unha data, un lugar e unha hora para a súa realización. Esta convocatoria exporase nos taboleiros de anuncios das xefaturas territoriais da consellería.

5. Para realizar as actas de non inicio a persoa interesada deberá pór os medios necesarios que faculten a dita inspección, e asumirá os gastos que deriven dela. Tamén se aplicará isto para os controis que deriven da letra d) do artigo 8, cando sexa necesario.

6. Non obstante, o indicado no punto 2 deste artigo, para investimentos en buques e por causas xustificadas, poderáselle solicitar ao órgano competente que realice a certificación do non inicio por outros servizos:

6.1. No caso de que as obras se realicen noutra comunidade autónoma ou o buque estea noutra comunidade no momento de realización da acta, esta certificación poderá ser emitida polos servizos correspondentes desa comunidade autónoma.

6.2. Para obras que se realicen no estranxeiro ou se o buque está no estranxeiro, esta certificación poderá ser emitida por entidade ou organismo habilitado e debidamente acreditado coa inescusable intervención das autoridades españolas correspondentes (embaixada, consulado ou outras con capacidade para realizala).

Sen prexuízo do establecido no punto anterior, o órgano competente poderá designar a persoa ou persoas para que se despracen ata onde estea o buque para realizar a visita in situ e posterior certificación de non inicio; os gastos do dito desprazamento serán por conta do solicitante da axuda. Aplicarase isto tamén para os controis que deriven da letra d) do artigo 8, cando sexa necesario.

Non obstante, o órgano competente poderá determinar que a inspección in situ se realice no porto base do buque.

7. A realización da certificación de non inicio en ningún caso implica dereito nin mérito para a concesión da axuda.

8. A realización da certificación de non inicio poderá dar lugar ao pagamento das correspondentes taxas.

Artigo 13. Prazo de presentación das solicitudes

Para esta convocatoria de 2019 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 14. Forma de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación das solicitudes será obrigatoria para: as persoas xurídicas, as agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, as comunidades de bens e as persoas representantes dunha das anteriores.

Só se admitirá unha solicitude por barco para unha liña de axudas.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Documentación complementaria necesaria para a tramitación destes procedementos

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Segundo o tipo de axuda que se solicite: anexo I.A de solicitude de axudas a proxectos innovadores no sector extractivo, código do procedemento (PE205G); anexo I.B de solicitude de axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños, código do procedemento (PE205H).

– Anexo II Ficha-resumo do proxecto.

– Segundo o tipo de axuda, anexo de indicadores FEMP: anexo III.A de axudas a proxectos innovadores no sector extractivo ou anexo III.B de axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños.

– Anexo IV. Memoria resumo da persoa solicitante.

– Anexo V. Custo do proxecto, con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, que deberá coincidir coas facturas pro forma.

Se houbese gastos por prestación de servizos, así como os gastos respecto da colaboración co organismo científico/técnico, deberá detallar e xustificar como se chega ao importe indicado.

– Anexo VI. Memoria do proxecto ou operación innovadora respecto da colaboración realizada, asinada polo organismo científico que conteña, cando menos: o seu obxecto, descrición detallada do proxecto ou operación indicando duración e fases, metodoloxía, responsable, resultados esperados e plan de difusión de resultados. Deberá constar en detalle e por separado o custo de realización do proxecto e o custo de validación.

A memoria deberá avaliar a viabilidade técnica do proxecto.

– Anexo VII. Compromiso do organismo científico ou técnico que colabora na realización, validación dos resultados do proxecto e autorización para a súa exposición pública.

– Anexo VIII. Currículo do persoal do organismo científico ou técnico que colabora na realización do proxecto/operación e na súa validación.

– Anexo IX.1. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso.

– Anexo IX.2. Agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.

– Anexo XI. Nomeamento de representantes para os efectos de presentación da solicitude, se é o caso.

– Anexo XIII. Compromiso de contratación de persoal especificamente para a realización do proxecto, se é o caso.

2. A documentación complementaria está formada por:

I) Se o solicitante é unha persoa física:

a) Declaración da renda da persoa solicitante dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.

II) Se o solicitante é unha persoa xurídica:

a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.

b) Poder suficiente do representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

c) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais, depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso. Certificación actualizada do rexistro correspondente das contas anuais depositadas no último exercicio económico, incluído informe de auditoría, se é o caso. No caso de que non estea obrigado a presentar as contas anuais en ningún rexistro ou organismo, entón, deberá achegar as contas anuais aprobadas polo órgano correspondente, do último exercicio económico, incluíndo informe de auditoría, se é o caso

d) Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

e) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas, depositadas pola persoa solicitante, ou certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas, onde a persoa solicitante estea incluída por consolidación, do último exercicio económico pechado, incluído informe de auditoría consolidado, se é o caso.

f) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

III) Cando as peticións correspondan a unha pluralidade de persoas, poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante legalmente habilitado e, na súa falta, co que figure en primeiro termo:

a) Escritura de constitución da comunidade de bens, agrupación ou entidad sen personalidade xurídica, se é o caso. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación e especificar a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros (anexo IX.2).

b) No caso dunha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica que estea en réxime de atribución de rendas, deberán presentar o modelo 184 de declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas, dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.

c) Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.

d) A conta bancaria sinalada no anexo IX.1 ou no anexo IX.2, segundo o caso, deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. En caso contrario deberá achegarse documento asinado por todas as persoas solicitantes, conforme non existe inconveniente en que se pague a axuda a esa conta (anexo IX.1 ou IX.2, segundo corresponda).

e) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais desta entidade, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

f) Declaración da renda das persoas solicitantes dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.

Outra documentación complementaria:

IV) Contrato ou acordo de asociación/cooperación entre a persoa solicitante e o organismo científico que desenvolverá as operacións e validará os resultados.

V) Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado ou, no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do último exercicio económico pechado para as que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

VI) Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio en curso para as que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

VII) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada solicitante, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de data posterior á data de publicación da orde.

VIII) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000 euros no caso de execución de obras ou de 15.000 euros no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

IX) Facturas pro forma dos investimentos para os cales se solicita subvención, con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, instalacións, equipamentos e sistemas que os integran, achegando no seu caso os planos, esbozos ou vistas 3D necesarias para a súa correcta definición e, de ser o caso, certificado de importación.

X) Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque e o estado de cargas ou gravames deste, ou solicitude da devandita certificación ante o Rexistro, sen prexuízo da achega da dita certificación previa a ditarse a proposta de resolución, dos buques que interveñan no proxecto, de ser o caso.

XI) Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación de tela solicitado, sen prexuízo da achega da folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución, dos buques que interveñan no proxecto, de ser o caso.

XII) Seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros, dos buques que interveñan no proxecto, de ser o caso.

XIII) Se a realización do investimento require proxecto técnico ou planos, deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. Tamén deberá xuntarse en soporte informático (formato jpg ou pdf). Deberán achegarse os planos de antes e despois da realización do investimento que se solicita.

XIV) Declaración doutras axudas (xa incluído no anexo I.A e no anexo I.B), no caso doutras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto. Deberá achegar resolución de concesión, no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia. Se as axudas son da Xunta de Galicia, só se presentará a resolución de concesión no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.

XV) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

XVI) Plan de financiamento do proxecto:

a) Informe en que se indique a forma en que se vai financiar o proxecto, especificando se se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos os tipos de financiamento.

b) Documentación xustificativa do tipo de financiamento:

Recursos propios:

Certificados bancarios actualizados debidamente asinados e selados das contas do solicitante onde conste/n o/s titular/es delas, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc. As contas de crédito considéranse recursos alleos) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a súa dispoñibilidade ou, en caso contrario, o prazo de vencemento.

Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital en diñeiro, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/s certificado/s bancario/s do/s desembolso/s deste.

Recursos alleos:

Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida ante notario.

Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario actualizado debidamente asinado e selado, onde identifique o número da póliza de crédito a que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.

Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/s desembolso/s daquel, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, se é o caso.

Noutros casos, achegar a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Os interesados poderán actuar por medio de representante para os efectos de presentación da solicitude; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo XI da presente orde.

Artigo 16. Comprobación de datos

Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante. Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas físicas, DNI/NIE de todas elas.

b) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) NIF da persoa xurídica solicitante, da entidade ou agrupación sen personalidade xurídica ou da comunidade de bens, segundo corresponda.

d) Resolución da axuda concedida para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado no caso de axudas concedidas pola Xunta de Galicia.

e) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.

h) Informe acreditativo de acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga).

i) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial da Consellería do Mar correspondente.

j) Non estar en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.

k) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

l) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais, no caso de persoas físicas ou de pluralidade de persoas. No caso de que o solicitante sexa unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, certificado de carecer de antecedentes penais dos seus integrantes. Os certificados deberán ser obtidos a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

m) Non ter sido declarado culpable de cometer fraude segundo o sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda, no marco do FEP ou FEMP.

n) Non estar nin ter estado, nos últimos 24 meses, involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido a través da base de datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

o) Autorización da Consellería do Mar para a realización do investimento previsto no caso de que esta sexa necesaria.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios correspondentes e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 17. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Tramitación de solicitudes

A) Fase de admisión de solicitudes.

1. Inicio do expediente.

1º. O Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota da Consellería do Mar en servizos centrais analizará os expedientes e requirirá a documentación necesaria, de ser o caso.

2º. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia ou remita os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 6, punto 11, resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

A documentación requirida para emendar a solicitude deberá presentarse na forma que se determina nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Sen prexuízo do sinalado no número anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento nin incluíndo novos conceptos para os cales solicita a axuda.

Non se considerarán aumento do importe total do investimento as diferenzas ou erros materiais que se puidesen dar ao transcribir nos anexos o importe das facturas pro forma.

4. Sempre que se teñan en conta para a resolución das axudas aspectos distintos aos aducidos polos interesados, daráselles a estes un trámite de audiencia con carácter previo a que a comisión de valoración avalíe os expedientes.

5. Para os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, o órgano instrutor emitirá un informe desfavorable previo á resolución de non admisión ou de desistencia, segundo sexa o caso, no cal se indicarán as causas que a motivan.

B) Fase de avaliación das solicitudes.

Os proxectos que se financien deberán axeitarse ao programa operativo (PO) do FEMP e ser técnica e economicamente viables.

I) Criterios xerais de avaliación.

1. Avaliaranse os proxectos segundo criterios xerais nos cales se terán en conta as seguintes consideracións:

– Idoneidade ao programa operativo do FEMP.

2. Esta avaliación será realizada, preferentemente, por persoas cunha axeitada cualificación e/ou experiencia dos organismos intermedios ou doutras organizacións que poidan achegar valor engadido a esta avaliación, partindo do documento base para a devandita análise que se poderá consultar na web da Xunta de Galicia.

3. Para a valoración da idoneidade a Europa 2020 e ao programa operativo do FEMP terase en conta:

– Adecuación do proxecto á análise DAFO do programa operativo (PO) do FEMP e ao cumprimento dos fins do obxectivo específico deste: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

– Contribución do proxecto á consecución dos indicadores de resultado do PO: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

– Implicación do proxecto noutras prioridades, obxectivos específicos, indicadores de resultados ou plans estratéxicos: alto (4 puntos), medio (2 puntos), baixo (1 punto), nulo (0 puntos).

O órgano instrutor emitirá un Informe de idoneidade para cada solicitude que alcanzase esta fase, no cal se cualificará o proxecto de significante (alto: > 7 puntos), razoable (medio: <= 7, > 5), deficiente (baixo: <= 5, >2) e inadecuado (nulo <=2), en función dos puntos totais que obteña.

Os proxectos que sexan cualificados como inadecuados non poderán continuar tramitándose e formularase proposta de resolución previa á resolución desfavorable da axuda. Ademais o proxecto deberá ser viable tecnicamente: O órgano instrutor formulará a proposta de resolución de denegación da axuda, no caso de que o proxecto non sexa viable tecnicamente, na cal se indicarán as causas que a motivan.

II) Criterios específicos de valoración.

1. Unha comisión de selección valorará os criterios específicos de cada proxecto de acordo co establecido nesta alínea.

2. Os criterios de selección poderanse modificar en cada convocatoria durante a vixencia do FEMP.

3. Para o ano 2019, os criterios, que servirán de base para determinar a prelación da solicitude, serán, segundo a finalidade da axuda, os que se relacionan a continuación:

– Financiamento propio do proxecto (fórmula do anexo X):

• Que o financiamento con fondos propios sexa igual ou superior ao 40 %: 10 puntos.

• Que o financiamento estea entre o 15 % e menos do 40 %: 5 puntos.

• Que o financiamento é inferior ao 15 %: 1 punto.

– Natureza do investimento:

• Operacións do artigo 3.2: 8 puntos.

• Operacións do artigo 3.1: 5 puntos.

– Aspectos sociais:

• Xerador de emprego: 8 puntos.

Considerarase que xera emprego cando o solicitante contrate a persoal para a súa realización durante, polo menos, a metade de duración do proxecto.

• Se, polo menos, unha delas é unha muller engadirase 0,5 puntos máis.

Estas persoas non poderán ter vinculación previa co organismo científico colaborador do proxecto nos seis meses anteriores á presentación da solicitude polo beneficiario.

– Viabilidade técnica: mercado potencial do proxecto:

• Para a finalidade do artigo 3.1 desta orde: se o proxecto está directamente relacionado co marisqueo ou pesca costeira artesanal: 3 puntos.

• Para a finalidade do artigo 3.2 desta orde: se o proxecto está relacionado coa pesquería de arrastre en augas comunitarias: 3 puntos.

C) Fase de selección.

1. Unha vez finalizada a fase anterior, a comisión de selección formulará a proposta de resolución de concesión das axudas.

2. Na proposta que formule a comisión de selección figurarán de maneira individualizada os solicitantes propostos para obteren a subvención, e indicaranse a avaliación que lles corresponde segundo os criterios fixados nesta orde e os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida ata esgotar as dispoñibilidades orzamentarias. Así mesmo, indicarase a proposta do importe da subvención para cada un deles.

3. A comisión de selección, de ser o caso, establecerá unha lista de reserva con aquelas solicitudes que, reunindo os requisitos establecidos na orde de convocatoria, non acaden a puntuación necesaria para seren seleccionadas, por falta de crédito. Nesta lista de reserva indicaranse os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida.

4. No caso de que a suma dos investimentos subvencionados dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, non será necesario que figure a avaliación individualizada dos criterios específicos de cada expediente.

5. O presidente da comisión de avaliación elevará proposta de resolución ao órgano concedinte, que ditará as correspondentes resolucións de concesión.

Artigo 19. Comisión de selección

1. Os expedientes serán avaliados por unha comisión de selección constituída na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

2. A composición da comisión avaliadora estará formada polos seguintes membros:

a) Presidente: subdirector/a xeral de Innovación Tecnolóxica.

b) Vogais: tres funcionarios adscritos á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica designados polo presidente, que incluirá á Xefatura do Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota que exercerá a secretaría e dous membros da Axencia Galega de Innovación.

3. No caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que designe o presidente. O órgano colexiado precisará de, polo menos, a maioría simple dos membros para realizar a selección. Caso de excepcional ausencia do presidente actuará como tal o secretario, logo de designación do presidente.

4. A reunión da comisión de selección poderá realizarse presencial ou telematicamente.

5. A comisión poderá propor que o órgano instrutor requira documentación complementaria necesaria para a correcta valoración da solicitude de que se trate.

6. A comisión avaliadora poderá traballar asistida dos asesores que xulgue conveniente, así como solicitar informes a expertos técnicos na materia.

7. A comisión de selección reunirase nunha sesión única para elaborar a proposta de concesión ao órgano concedinte, salvo no caso de que a suma dos investimentos subvencionados dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, poderá realizar cantas sesións considere necesarias e emitirá propostas parciais de concesión en cada unha das sesións.

Artigo 20. Resolución e aceptación

1. A resolución das solicitudes correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar, que poderá delegar a dita competencia na persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. No caso de concesións que superen a contía de 3.000.000 € por persoa beneficiara será necesaria a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

2. Esta autorización non implicará a aprobación do gasto, que lle corresponderá en todo caso ao órgano competente para ditar a resolución de concesión da subvención.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da axuda será de seis meses desde a data de publicación desta orde de convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Unha vez notificada a devandita resolución, o interesado terá un prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a aceptación desta. Transcorrido este prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a axuda.

5. A resolución de concesión indicará, entre outros aspectos, os compromisos asumidos polas persoas beneficiarias; os créditos orzamentarios aos cales se imputa o gasto; a contía da subvención individualizada e a porcentaxe do financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca; os prazos e modo de pagamento da subvención; e o prazo e a forma de xustificación por parte da persoa beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se cobra a subvención.

Artigo 21. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 22. Recursos

1. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun (1) mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados, en ambos os dous casos, desde o día seguinte ao da súa notificación.

2. Se transcorrido o prazo para resolver establecido no artigo 20, non lle é notificada a resolución ao interesado, entenderase desestimada por silencio negativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Mar en calquera momento ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis (6) meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto.

3. Sen prexuízo do anterior, os interesados poderán exercer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Artigo 23. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, e antes da presentación da xustificación de cobramento, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou a obtención concorrente de subvencións e axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á súa modificación.

2. A autorización para a modificación dos termos en que foi concedida a axuda quedará condicionada aos seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade destas bases reguladoras e da convocatoria oportuna.

b) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

d) Que o proxecto modificado, no caso de que fose presentado co resto das solicitudes, resultase seleccionado na concesión inicial, seguindo os criterios de selección fixados.

3. As solicitudes de modificacións deberán ser comunicadas pola persoa beneficiaria por escrito con anterioridade á súa realización nun prazo non inferior de dous meses antes da data límite de xustificación do investimento e requirirá resolución expresa da Consellería do Mar. No escrito a persoa beneficiaria deberá deixar constancia debidamente motivada das razóns que aconsellan a modificación proposta.

4. Non se admitirán nin se aprobarán modificacións que supoñan unha execución total inferior ao 60 % do investimento inicialmente aprobado e en ningún caso suporá un incremento da subvención concedida.

5. Non obstante o indicado nos parágrafos anteriores, poderanse autorizar modificacións que se orixinen por causas de forza maior ou situacións sobrevidas suficientemente xustificadas que, en todo caso, deberán ser apreciadas polo órgano concedente e debidamente motivadas.

6. Non se admitirá a subrogación dun novo propietario na condición de solicitante ou persoa beneficiaria das axudas, agás nos casos de enfermidade que dificulte ou imposibilite a realización desta actividade, sucesión mortis causa, adquisición da propiedade como consecuencia de procesos de disolución e liquidación de persoas xurídicas, operacións de fusión ou escisión parcial ou total de sociedades ou naqueloutros casos en que, a xuízo do órgano competente para a concesión das axudas, a transmisión da propiedade do investimento subvencionado e a subrogación do novo propietario na posición do solicitante ou persoa beneficiaria non desvirtúe a finalidade das axudas e non produza enriquecemento. En calquera caso, a nova persoa beneficiaria deberá cumprir os requisitos desta orde e asumir as obrigas derivadas da concesión.

7. As modificacións nos prazos de xustificación dos investimentos terán a consideración de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, polo tanto, deberán tramitarse de acordo co establecido no presente artigo.

8. O acto polo cal se acorde a modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, a súa denegación, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente en que se dará audiencia ao interesado. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 24. Actas de fin de obra/investimento

A realización do investimento xustificarase mediante a oportuna acta de fin de obra/investimento mediante certificación dos servizos da Consellería do Mar, que se solicitará coa propia presentación do expediente para o pagamento, nos mesmos termos e condicións establecidos no artigo 12, puntos 4 a 7.

A Consellería poderá, en calquera momento, realizar as comprobacións que considere oportunas para verificar a efectiva e correcta realización dos investimentos antes mencionados.

Artigo 25. Prazos de execución, xustificación e pagamento

1. Con carácter xeral, o prazo para xustificación material e documental dos investimentos será o 31 de outubro de 2019, salvo que a resolución individual de concesión da axuda dispoña dun prazo distinto.

2. Transcorrido o prazo indicado sen que a persoa beneficiaria presente a documentación xustificativa, procederase segundo o artigo 45 do Regulamento de subvenciones.

3. Para o pagamento da axuda é imprescindible o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o investimento obxecto da axuda e a súa xustificación estean realizados de conformidade coa resolución de concesión, integramente rematado e totalmente pagado. A acreditación da realización do investimento realizarase coa certificación de fin de obra, regulada no artigo 24 desta orde.

b) Que as persoas beneficiarias estean ao día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Igualmente, a persoa beneficiaria non terá pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

4. As solicitudes de pagamento presentaranse, en calquera das formas previstas nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso das persoas físicas que presenten en formato papel, achegarán un exemplar orixinal e unha copia simple.

5. As solicitudes deberán ter a seguinte documentación:

a) Memoria das actividades realizadas onde consten as incidencias que puidesen darse na súa execución, o grao de cumprimento dos obxectivos e outros aspectos de interese.

b) Relación dos gastos das actividades realizadas.

c) Facturas correspondentes aos gastos da alínea anterior.

d) Certificación bancaria do pagamento desas facturas.

e) Para acreditar os gastos de persoal, certificación bancaria do ingreso do salario na conta do perceptor.

f) Informes científicos ou técnicos do seguimento do proxecto por parte do organismo científico ou técnico.

g) Copia do material elaborado, sexa material impreso, audiviosual, maqueta se se trata dun prototipo ou calquera outro material elaborado.

h) Anexo XII (declaración doutras axudas no pagamento e compromiso do requisito de admisibilidade).

i) No caso de que se comprometese a través do anexo XIII á contratación de persoal especificamente para a realización do proxecto, acreditación do feito.

j) No caso de persoal contratado especificamente para a realización do proxecto, acreditación de que cumpre o perfil profesional do anexo XIII.

6. Antes de proceder ao pagamento, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica comprobará in situ, e cando proceda, a execución completa das actividades obxecto da axuda.

7. A falta de xustificación de gastos ou a modificación das condicións indicadas na resolución de concesión sen a pertinente autorización, segundo se sinala no artigo 20, dará lugar á modificación do importe da axuda que se vai pagar. A falta de xustificación no prazo establecido implicará que o solicitante se considera decaído do seu dereito de cobramento. Así mesmo, o incumprimento dalgunha das circunstancias que motivaran a adxudicación de puntos sen que estas tivesen lugar, implicará que o solicitante se considere decaído no seu dereito de cobramento.

Artigo 26. Pagamentos parciais e anticipos

1. Pagamento á conta. Por solicitude do beneficiario poderanse realizar pagamentos á conta ata un máximo do 80 % do importe da axuda e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada. O beneficiario está obrigado a constituír garantía mediante presentación de aval solidario de entidade de crédito no prazo de quince días a partir da resolución de concesión, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda. A garantía deberá cubrir o 110 % das cantidades que se aboen á conta e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación do proxecto.

2. Anticipos. Por solicitude do interesado poderanse conceder anticipos ata un 50 % da subvención concedida naqueles supostos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos.

O beneficiario está obrigado a constituír garantía mediante presentación de aval solidario de entidade de crédito no prazo de quince días a partir da resolución de concesión, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda. A garantía deberá cubrir o 110 % das cantidades que se anticipen e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación do proxecto.

3. O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedesen, non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

4. Serán admisibles as garantías presentadas por terceiros cando o fiador, unicamente, preste fianza con carácter solidario, renunciando expresamente ao dereito de excusión. O avalista ou asegurador será considerado parte interesada nos procedementos que afecten directamente á garantía prestada nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, del procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 27. Patentes

1. Se durante a execución do proxecto e ata dous anos despois da súa data de finalización, se iniciase o procedemento de rexistro dunha patente derivada da execución do devandito proxecto, a propiedade e os ingresos xerados por ela serán nun 50 % entre o beneficiario e a Administración da Xunta de Galicia durante os tres anos seguintes ao seu rexistro. Transcorrido este prazo, a propiedade da patente pasará a ser do beneficiario ata que se produza a súa extinción.

2. Será causa de reintegro total da axuda o incumprimento do previsto na alínea anterior.

Artigo 28. Garantías

1. No caso de axudas con varias anualidades, será necesario para o pagamento de cada unha delas, excepto a última, a presentación dunha garantía en forma de aval bancario do 110 % da cantidade que hai que pagar.

2. Estes avais deberán presentarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o previsto no capítulo II do título IV do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o que se concedeu a subvención, as garantías serán liberadas.

Artigo 29. Reintegro das axudas

1. Se a persoa beneficiaria incumpre calquera dos requisitos establecidos nestas bases e demais normas aplicables, así como as condicións e obrigas que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión da axuda, poderanse anular os beneficios concedidos coa obriga de reintegro da axuda ou subvención.

2. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida, así como os xuros de mora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ademais, será tamén causa de reintegro, de acordo coas directrices comunitarias para o exame das axudas estatais no sector da pesca e da acuicultura (2008/C84/06), a comisión de infracción ao dereito comunitario pola persoa beneficiaria e, en especial, ás normas da política pesqueira común durante o período cuberto pola subvención. O reembolso das axudas será proporcional á gravidade da infracción cometida.

4. Sen prexuízo da obriga de reintegro, se como consecuencia dunha comprobación posterior ou de calquera outra verificación, se constata falsidade nas declaracións mencionadas nesta orde, serán de aplicación as infraccións e sancións establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

5. Para este procedemento de reintegro terase en conta o establecido no capítulo II do título II da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 30. Infraccións e sancións

Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 31. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións (BDNS) a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 32. Servizo Nacional de Coordinación Antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude na Intervención Xeral Administración do Estado, polos medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto polo dito servizo no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, que se pode consultar no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Documents/ComunicacionSNCA06-04-2017Canaldenuncias.pdf.

Artigo 33. Publicidade

En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso. A aceptación da axuda supón a inclusión da operación e os seus datos na lista de operacións prevista no artigo 115.2 del Regulamento (UE) nº 1303/2013 de disposicións comúns, e a remisión á Base nacional de subvenciones.

Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería do Mar coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda, á Secretaría General de Pesca e á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación do PO do FEMP.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme ao descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición adicional segunda

No non previsto nesta orde observarase o que se establece no Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca; Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ás disposicións comúns dos fondos estruturais e de investimentos europeos; o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e posteriores modificacións; o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do seu regulamento de execución; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de aplicación.

Disposición adicional terceira

Delégase na directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a resolución destas axudas.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2018

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X

Investimento en activos produtivos

I.A.P =

Investimentos activos produtivos

%

Investimentos totais en inmobilizado

Financiamento propio

FPP =

Recursos propios aportados

%

Investimento total

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XIV

Titulación

Importe mensual bruto para unha xornada máxima de 40 horas semanais

Título de doutoramento, licenciado ou equivalente

1.853,65

Diplomatura ou equivalente

1.547,63

Título de bacharel, BUP, formación profesional de técnico superior, FPII

1.300,23

Formación profesional de técnico, FPI, educación secundaria obrigatoria

1.242,62

Graduado escolar (EGB) y outros

943,77