Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico de Monciro, segundo se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.
Lugo, 29 de xaneiro de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: 118-EOL.
Denominación: parque eólico de Monciro.
Convocatoria levantamento de actas previas: días 12, 13, 14 e 15 de marzo de 2019 no Concello de Pol, o 14 de marzo de 2019 no de Castroverde.
Predio |
Propietario |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Vía |
Gabia |
262 |
Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido) |
119 |
261 |
Monciro |
Piñeiral |
1344 |
396 |