Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2018/0293-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 28 de xaneiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Acta inf. nº

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data

resolución

RL 2018/0293-1

I152018000065107

Asoral Cosméticos, S.L.

B15628985

A Coruña

Relacións Laborais

17.12.2018

RL 2018/0352-1

I152018000088749

Panadería Vista Alegre, S.L.

B15498207

Santiago de Compostela

Relacións Laborais

17.12.2018

RL 2018/0362-1

I152018000093904

Global Enterprises, S.L.

B70343561

A Coruña

Relacións Laborais

19.12.2018

RL 2009/504-1

I152009000137402

Soluciones Globales Restauración y Rehabilitación, S.L.

B15796386

A Coruña

Seguridade e Saúde

11.12.2018