Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 242/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 242/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Valeiras Jiménez contra Newco Airports Services, S.A., Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva

Acordo:

– Unir aos autos a información obtida da indagación patrimonial integral relativa á executada e informar as partes de que a dita información queda ao seu dispor para consulta.

– Embargar os seguintes bens como de propiedade da executada Newco Airports Services, S.A., para cubrir a suma de 7.011,37 euros en concepto de principal, máis outros 701,13 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación:

• Contas bancarias e AEAT: embargar saldos favorables á executada en contas abertas ao seu nome en cantas entidades financeiras subscribisen ata o día da data o convenio de colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial e reintegros pendentes de aboamento que a executada teña ao seu favor por devolucións de IVE, IRPF ou calquera outro imposto, dar de alta a solicitude de embargo telemático e unir a continuación o correspondente xustificante.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Newco Airports Services, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza