Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación das resolucións dos recursos de alzada contra as bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Briallos (Portas-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade coa normativa sectorial aplicable e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen perxuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O expediente administrativo estará á súa disposición das dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, na avenida de Victoria Moreno, nº 43, 2º andar, Pontevedra; teléfono 986 80 54 40.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

17

35405733Q

Resolución recurso de alzada bases definitivas

18, 52

35294349K

Resolución recurso de alzada bases definitivas

20

35405933D

Resolución recurso de alzada bases definitivas

32

Joaquina Fontán Fontán

Resolución recurso de alzada bases definitivas

45

76836283E

Resolución recurso de alzada bases definitivas

47

Joaquina Fontán Fontán

Resolución recurso de alzada bases definitivas

51

35424327A

Resolución recurso de alzada bases definitivas

62, 64

35407266P

Resolución recurso de alzada bases definitivas