Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria, mediante procedemento aberto con criterio único (prezo), para un alleamento de madeiras na provincia de Ourense.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 6.977, no primeiro parágrafo, onde di: «A apertura dos sobres coas ofertas económicas terá lugar na sede do Servizo de Montes da Xefatura Territorial na rúa Villaamil y Castro, s/n, 32004 Ourense», debe dicir: «A apertura dos sobres coas ofertas económicas terá lugar na sede da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, na rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, 32003 Ourense».

Esta corrección de erros non modifica os prazos indicados na devandita resolución.