Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente 2004/449-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a través do Boletín Oficial del Estado ás persoas citadas no anexo a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo, instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprazanse as persoas interesadas, por si ou a través dos seus representantes legais, para que no prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administrativas, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 8 de xaneiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2004/449-36.

DNI: 52494497X.

DNI: 35306424K.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 22 de novembro de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.